XUVENIS. NUMANCIA, 0 - MEIRAS, 0.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2011-2012. Numancia 0 - Meirás 0. Prados Vellos 03/03/12.RESULTADO XUSTO

Partido correspondente á xornada 21 de liga na que Numancia e Meirás asinaron un empate despois dunha primeira metade con moi bo ritmo e boas ocasións que ningún dos dous equipos aproveitou.


Prados Vellos 3 de marzo de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Xaime, Jhony (Juanfran 67´), Víctor, Álvaro, Amenedo, Juan, Borja, Roque (Cartelle 53´), Brayan, Iván e Ricardo (Adrián 59´).

MEIRAS: Rafa, Marcos, Martín, Ivan, Chino, Chase, Alberto, Pablo (Christian 72´), Lázaro, Javi (Germán 60´) e Manu.

COLEXIADO: Adrián González Franco. Amoestou a Iván, Cartelle e Adrián polo Numancia e a Chino polo Meirás. Expulsou a Víctor do Numancia.

 

 

Primeira metade na que o Numancia comezou moi ben, de feito as primeiras ocasións de gol foron para os locais pero non tiveron fortuna de cara a porta. Nos primeiros quince minutos o Meirás estivo perdido no terreo de xogo e a mercé dos locais, que non definiron. A medida que foron pasando os minutos, despois de sacudirse a presión inicial á que se viron sometidos, o Meirás foise encontrando máis cómodo e pasou a ter a posesión da pelota. Os de Ares foron decaendo no seu ritmo inicial e o Meirás pasou a dominar no xogo, tendo tamén boas ocasións para poñerse por diante no marcador. Finalmente ningún dos dous equipos estaría acertado de cara a porta, polo que nos fomos ao descanso con empate a cero, nunha primeira metade repartida en canto a xogo.

A segunda metade non tivo tanto ritmo, viuse un partido un tanto durmido en canto a xogo por parte dos dous equipos, e con poucas chegadas claras ás metas rivais que os porteiros solucionaron sen problemas. Soamente nos últimos dez minutos ambos os dous equipos botarían o resto e puidemos ver uns últimos minutos con algo máis de ritmo e algunhas chegadas máis claras ás portarías respectivas, máis ben froito dos fallos polo cansazo que da creatividade. Finalmente chegaríamos ao final do partido co mesmo resultado inicial, que se pode considerar de xusto a teor do visto no terreo de xogo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.