XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS, 1
Sábado, 14 de marzo de 2009
Xelo
ALINEACIÓN: Carlos, Martín, Antón, Jorgito, Many, Jorge (Pita), Carlos (Pablo), Coco (Manu), Rubén (Rico), Julio (Díaz) y Pedro.
ÁRBITRO: Sen incidencia reseñables.
GOLES: Julio e Rico
COMENTARIO : Vitoria importante e sudada do Numancia pero sen desenvolver un bo xogo. O Numancia só foi capaz de realizar bo xogo nos primeiros vinte minutos de partido, cando Julio, nun tiro lonxano que lle bota diante ao porteiro, consegue o un a cero. O resto do partido sufriron os locais para sentenciar o partido, tendo que agardar ao minuto 75, cando Rico, nun erro do defensa central do Portuarios, bate ao porteiro de disparo axustado. Xa nos minutos de desconto, os ferroláns lograron o gol que levou a inquietude á afección numantina nos catro minutos que engadiu o colexiado.
Partido gris no que destacamos o enorme partido do central Many, ben secundado por Antón; o bo gol e os quilómetros percorridos por Julio; e, unha semana máis, Carlos, porteiro cadete que parece non notar o cambio de categoría. No Portuarios hai que destacar a capacidade de regate e desborde de Beto e as boas maneiras tamén do seu porteiro cadete que substituía ao sancionado Diego.
Coa vitoria do Numancia, o Portuarios queda definitivamente descartado da loita polas semifinais e o Numancia sitúase momentaneamente segundo, en espera do trascendental partido da xornada seguinte en terras de Cedeira.
| |