XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - GALICIA DE MUGARDOS, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2011-2012. Numancia 0 - G. Mugardos 1. Prados Vellos. 14/01/12.TI PASASMA A MIN E EU PASOCHA ….

Derbi da península de Bezoucos en Prados Vellos con un frío dos demos e uns cento cicoenta xiareiros nas bancadas.


Ares 14 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONES:

NUMANCIA: Xaime, Alvaro, Jhony (Ricardo 70´), Pepe, Amenedo, Juán (Cartelle 65´), Borja (Roque 68´), Juanra (Adrian 53´), Brayan, Iván e Cagide (Víctor 53´).

G. MUGARDOS: Monti, Adam (Javier 82´), Nacho, Fabio, Iván, Rubén, Javi (Jorge 39´), Joaquín, Oliveira, Pita e Diego (Borja 55´).

COLEXIADO: Adrián González Franco. Amoestou a Pepe, Juan e Cagide polo Numancia e a Iván, Rubén, Pita e Javier polo Mugardos.

Na década  dos oitenta o pésimo actor Silvester Stallone nunha das suas películas mantiña unha conversa falando sobre as dificultades da vida civil para un soldado que voltaba da guerra, naquela conversa comentaba que na guerra todo era mais sinxelo “ti cubres o compañeiro e o compañeiro cúbrete a ti”.

No fútbol e parecido ti pasaslle o compañeiro e este pasache a ti.

Nembargantes o sábado no partido do derbi vimos outra cousa. Os cativos do Numancia e os do Galicia fixeron algo así como ti pasasme a min e eu pásolle o contrario.

Indo co partido, este decantouse nos primeiros minutos nunha xogada polo centro na que Javi controlou o borde da área e batiu a Xaime de tiro raso e axustado cando corría o minuto 15 de xogo.

A partir dese momento un quero e non podo por parte aresana con moitas perdas no medio campo e cando non era así os ataques morrían o chegar a área visitante. O Mugardos mentras defendendo con orden e as veces con certa violencia sobre todo por parte do seu lateral destro. Xa dín que non hay peor cuña ca da propia madeira.

Resumindo no campo había varios xogadores que de pequenos prometían chegar a ser futbolistas importantes como Iván, Oliveira, Adán, Pita, Brayan, Jorge, Borja, pero ou tiveron malos mestres ou non estudiaron a lección número dous “ti pasama a min e eu pasocha a ti”. Por certo a regla número un e non quitarlle o balón o compañeiro, comentabao o outro día un entrenador de biberóns que neso estaba.

Finalmente e para que todos os protagonistas leven xusto premio dicir que o árbitro estivo a altura do partido, mal na aplicación da lei da vantaxe e incrible nunhas mans dentro da área do Galicia que non viu estando a dous metros.

En resumo, Igual que pasa nos Barça –  Madrid, mais tensión ca fútbol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.