Xuvenís: Numancia de Ares 4, San Sadurniño 0

Vitoria dos xuvenís para seguir na loita.

7 de Marzo de 2009.

Xelo.


S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Juvenil. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia San Sadurniño

ALINEACIÓN: Carlos, Coco (Martín), Antón, Jorgito, Many, Pita (Jorge), Carlos (Pablo), Julio, Rubén (Rico), Pedro (Díaz) e Manu.

ÁRBITRO: Sen incidencia no resultado. Anulou un gol ao Numancia por probable fóra de xogo de Díaz e expulsou a un xogador e ao delegado do Sansa por protestas.

GOLES: Carlos (2, un de penalty), Pedro e Julio.

COMENTARIO :  Vitoria clara do Numancia que, aínda que non xogou un gran partido en ataque, con escasas xogadas combinadas, baseou a súa vitoria nunha boa defensa e na disputa nos balóns aéreos e divididos. Foi o San Sadurniño o que comezou aproximándose á area dos locais, conseguindo varios saques de esquina e dous tiros a portería, que deron lugar a dúas boas intervencións do porteiro Carlos.

O primeiro gol chegou nunha falta lanzada por Julio que rematou Carlos a gol e, poucos minutos despois, Pedro resolveu un barullo na área cun disparo raso axustado ao pau, anotando así o segundo gol. Ao inicio da segunda parte, o San Sadurniño gozou da súa mellor ocasión, cando o seu dianteiro, nun man a man con Carlos, lanzou o balón fóra. Pouco despois a presión do Numancia á saída do equipo visitante, logra roubar o balón, xogada de Pedro que centra para que Julio, cando vai rematar a portería, sexa derrubado. Carlos transforma o penalti e consegue o 3 – 0. Aínda que os visitantes non baixaron os brazos, é o Numancia o que marca o catro a cero nun tiro de Julio que sorprende por alto ao porteiro contrario. Acabando o partido, produciuse a mellor xogada nun contraataque levado por Jorge que, en xogada individual, se interna na área e de bonita vaselina bate ao porteiro pero cando o balón entraba na portería, é tocado por Díaz e o colexiado anula o gol por presunto fóra de xogo.

Se ben foi un partido moi completo de todo o equipo non plano defensivo, é de destacar o partido de Jorgito e Antón, infranqueables en defensa e sobre todo de Manu, dono e señor do medio campo. Polo San Sadurniño tivo boas maneiras o seu dianteiro (11) e, a pesar dos catro goles, o seu porteiro parece un bo gardameta. Mención a parte merece o debut de Carlos, o porteiro cadete que substituía ao lesionado Iván e que, lonxe de amilanarse, realizou un partido moi serio, con dúas intervencións moi boas, nada máis comezar o partido.

Con este partido conclúe a primeira volta da Copa, co Numancia a tres puntos do líder e a un punto do segundo clasificado que dá acceso ás semifinais, e empatado a puntos co San Sadurniño, co cal, aínda está todo por decidir con catro equipos disputando os dous postos de honor e con só un equipo que parece descartado, o Portuarios que leva un único punto e visita Prados Vellos na próxima xornada.

S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Juvenil. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia San Sadurniño
 S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Juvenil. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia San Sadurniño
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.