Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. CARIÑO, 0 - NUMANCIA, 2
 
 

XUVENÍS. CARIÑO, 0 - NUMANCIA, 2

VITORIA IMPORTANTE EN CARIÑO

Despois do empate a cero goles no descanso, na segunda parte chegaron os goles.

 

Partido correspondente á oitava xornada de liga disputado no campo municipal de Cariño.

ALINEACIÓNS:

CARIÑO: Marcos; Kevin (Brais), Cristian, Adrián, Carlos, Danny, Martín, Adrián, Iago, Eduardo e Manuel (Sergio).

NUMANCIA: Xaime, Darío (Ricardo, m. 58), Víctor (Cagide, m. 40), Juan, Álvaro, Pepe, Jonny, Juanra, Borja (Cartelle, m. 70), Iván e Roque (Juanfran, m. 63) .

ÁRBITRO: Adrián González. Resultou expulsado o xogador do Cariño, Adrián Taracido, ao recibir dous cartóns amarelos, no m. 50. Polo Numancia recibiu amoestación Pepe.

COMENTARIO:  Gran partido o disputado entre o Cariño e o Numancia. No primeiro tempo o dominio do balón foi un pouco superior para o equipo local pero só podía chegar á porta defendida por Xaime por medio de disparos lonxanos ou por xogadas a balón parado que o Numancia soubo defender ben. Nesta primeira metade as ocasións máis claras foron para os visitantes,  podendo poñerse por diante: un tiro cruzado de Borja; outro tiro lonxano de Juanra e varias contras moi ben executadas polo Numancia, pero sen puntería no disparo final. Na segunda metade o equipo aresán tomou o ritmo do partido e despois de varios intentos chegou o primeiro gol que foi obra de Borja, despois de recibir un balón dentro da área e plantarse só diante do porteiro rival e cun tiro suave pero colocado marcou o tan ansiado gol.

 Pero a nota chamativa do partido xurdiu no minuto 15 da segunda parte cando o árbitro da contenda expulsou un xogador do Cariño por dobre amarela e este reaccionou agarrando o arbitro do pescozo e tirando ao chan. O árbitro quere dar por rematado o partido pero despois de falar os dou equipos con el decide reanudalo, unha vez estea presente no campo a Garda Civil. Desde a interrupción ata a reanudación pasaron uns 30 min que non lle viñeron ben ao Numancia xa que o Cariño meteu os visitantes no seu campo a pesar de estar cun home menos. Pero faltando 8 min para o remate Iván loita un balón no medio campo e consegue enganchar un tiro desde 25 metros que se cola na portería local levando así a tranquilidade ao equipo numantino. Salientar o bo comportamento dos xogadores locais e do Numancia durante todo o partido tanto antes como despois do incidente.

Os xogadores destacados deste partido foron Iván e Borja polos seus sendos goles aínda que todos os xogadores fixeron un traballo tremendo.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.