Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - MIÑO, 2
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - MIÑO, 2

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2011-2012. Numancia 2 - Miño 2. Prados Vellos 05/11/11.EMPATE IN EXTREMIS.

O Numancia non aproveitou as oportunidades das que dispuxo e deixo dous puntos no camiño.

 


Ares 5 de novembro de 2011.

Polo Numancia xogaron: Carlos, Jony, Víctor, Pepe, Álvaro, Adrián, Juanra, Iván, Cartelle, Cagide e Brayan. Sairon a longo do partido, Juanfran, Borja, Juan e Ricardo.

Partido estraño o deste fin de semana xa que o equipo do Numancia tivo ocasións para poder porse por diante no marcador. Aínda que o xogo non foi o das ultimas semanas o equipo chegou a ter catro claras oportunidades nos primeiros corenta e cinco minutos, pero fallouse nos últimos metros e nas definicións. Nos primeiros minutos do segundo tempo chegou o primeiro gol do Miño, na primeira oportunidade que tivo, e con algo de sorte posto que o balón escapóuselle a Carlos por debaixo do corpo. O segundo tanto visitante chegou nunha contra cando o Numancia estaba envorcado na área rival. A falta de dez minutos os de Ares quedaron con dez pola expulsión de Brayan, pero a pesar da inferioridade numérica chegarían os tantos locais. O primeiro obra de Juan ao lanzamento dunha falta. O segundo foi de Borja logo dun barullo dentro da área.

Confiemos en que a próxima semana esteamos máis acertados de cara a porta e podamos traernos os tres puntos de Cariño.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.