XUVENIS. NUMANCIA, 6 - ASPIRANTES, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2011-2012. Numancia 6 - Aspirantes 1. Prados Vellos.A TERCEIRA FOI A VENCIDA.
Soberbio partido e premio para os de Ares, aos que logo de dúas derrotas pola mínima chégalles a tan ansiada e merecida vitoria.

Prados Vellos 8 de outubro de 2011.

NUMANCIA: Xaime, Pombo (Darío min. 45), Víctor (Juanfran min. 78), Pepe, Álvaro, Adrián, Jony, Juan (Roque min. 65), Brayan, Borja (Cartelle min. 72), Dani Cagide (Juanra min. 60).

Partido dominado de principio a fin polo Numancia. Os primeiros compases do encontro foron de tenteo pero por mor das primeiras ocasións dos aresáns o partido pasou a ter un só cor, o vermello, do Numancia.

Pouco houbo que esperar para ver o primeiro gol numantino a cargo de Brayan, no min 8, nunha xogada na cal queda nun man a man co porteiro rival. O segundo gol sería obra de Jony no min 21. Sen tempo a que o equipo rival se recuperáse chegaría o terceiro tanto, nesta ocasión Dani Cagide sería o autor material, cando corría o min 24. Antes do descanso a renda de goles puido ser maior a favor do equipo local. Pero finalmente iriámonos ao intermedio con tres a cero a favor dos de Ares.

Na continuación do partido e logo de varios avisos chegaría o gol do Aspirantes. Un centro chute que supera a Xaime, e ao que Dario non chega no seu intento por evitar que o balón se coe na meta aresá, suporía o primeiro tanto dos visitantes Desde o inicio da segunda parte, e ata o min 58, no que Adrián á saída dun corner marca de cabeza o cuarto tanto, o Numancia saío despistado, deixando que o equipo visitante chegase con facilidade nun par de ocasións á portería defendida por Xaime. A partir do cuarto gol os de Ares volveron facerse co dominio do partido, chegando así os dous goles restantes que foron obra de Brayan nos min 71 e 80.

Destacados do partido:
Como a semana pasada todos son merecedores de ser destacados pero imosllo a adxudicar a Brayan polo "Hat Trick".

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.