Xuvenís: Numancia, 2 - G. Mugardos, 3

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2011-2012. Trofeo O Lar de Picas. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3O Trofeo Picas de xuvenís foi para Mugardos.

No encontro correspondente o Trofeo O Lar de Picas de Xuvenís disputado en Prados Vellos o Galicia de Mugardos impúxose ó Numancia de Ares por 2 tantos a 3. Ó descanso chegouse con empate a un tanto no marcador.

Prados Vellos. Sábado 27/08/2011

Numancia de Ares: Xaime; Ricardo, Ángel, Álvaro, Amenedo, Adrián, Brayan, Juanra, Borja, Dani Cagide e Jony. Tamén xogaron ó longo do encontro Víctor, Juan, Pepe, Dani Cartelle, Iván, Pablo Dopico, Jorge Piñeiro e Roque.

Galicia de Mugardos: Juben Benito; Juan Martínez, Adrián Planas, Adán López, Iván Blanco, Rubén toimil, Alex Pita, Fabio Lourido, Ignacio Pato, Joaquín Fernández e Diego Muiños. Tamén xogaron: Alejandro Hugo, Adrián Montero, Álvaro García, Jorge Rodríguez e Javier Irvi.

Goles: 1-0 (Fabio p.p.), 1-1 (Alex Pita), 1-2 (Iván Blanco), 1-3 (Alex Pita), 2-3 (Álvaro p.p.)

Arbitrou o encontro o colexiado D. Manuel J. Bejarano Estepa de Ferrol que amoestou con cartóns amarelos a Iván e Pepe do Numancia e a Adrián Planas, Iván Blanco, Adrián Montero, Álvaro García e Jorge Rodríguez polo Galicia de Mugardos.

O encontro estivo igualado e disputado na primeira parte con ocasión para ambos bandos pero sin moito perigo agás un tiro o pau do Numancia. No minuto 40 á saida dun corner o salto entre Brayan e Fabio Lourido finaliza con o balón na rede visitante, sendo otorgado o gol ó defensa en propia porta según fixo constar na acta o colexiado. Cando parecía que a primeira metadade remataría coa ventaxe local, un balón qeu pasa entre a defensa do Numancia chega a Alex Pita que non perdoa e acada a igualada coa queremataría o primeiro tempo.
Na segunda metade o xogo foi peor por ambos bandos, os cambios descompuxeron os equipos sobre todo o cadro local. Tamén apareceu a dureza no xogo que fixo que o colexiado amosara un total de 7 cartóns, 2 ós locais e 5 ós visitantes.
O xogo con moito balón aereo y pouco perigo parecía que nos levaría ós penaltis. Pero unha falta lateral que saca Iván Blanco bota diante de Xaime ó que sorpende e o balón remata nas redes locais, acadabase así o 1-2. Un novo erro defensivo permitía a Alex Pita rematar baixo paus un centro sen moito perigo dende a esquerda pero que a defensa aresana non foi quen de rexeitar, o 1-3 parecía xa definitivo.
Pero o conxunto local non baixou os brazos e con máis vontade que acerto tentou de igualar o encontro, inda que moitos xogadores fixeron a guerra pola súa conta e os intentos morrian na defensa visitante.
un balón en longo que disputa Pepe con o porteiro local e máis con o defensa Álvaro García acabaría en gol, que novamente o colexiado indica que foi en propia porta otorgandollo a Álvaro García, con este resultado de 2-3 chegaríase ó final do encontro con o Numancia en busca do empate e o Galicia buscando manter o resultado sen moitos atrancos.
O remate entrega de trofeos a ambos equipos que deixaron mellor impresións no primeiro tempo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.