Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. CARLOS ARNOSO AO RÁCING
 
 

XUVENÍS. CARLOS ARNOSO AO RÁCING

 JUANCAR, DIRECTOR TÉCNICO DO RÁCING, EN PRADOS VELLOS

Esta tarde acudiu a unha reunión coa xunta directiva do Numancia, para tratar a situación do xogador aresán Carlos Arnoso.
Ares, 3 de agosto de 2011
O director técnico do Rácing de Ferrol, Juan Carlos Fernández, estivo esta tarde na secretaría do Numancia reunido coa xunta directiva da entidade aresá. A reunión foi solicitada pola directiva local coa intención de aclarar definitivamente a situación do xove meta Carlos Arnoso. E finalmente, chegouse ao acordo de autorizar a ficha do xogador polo club racinguista da división de honor xuvenil, decisión que satisface enormemente á sociedade pois representa unha excelente oportunidade para Carlos, un rapaz que leva xogando no Numancia desde pequerrecho e ao que lle desexamos os mellores éxitos.
Nesa reunión quedou patente a intención de que se establezan unhas relacións cordiais entre o Rácing e o Numancia, bosquexando unhas mínimas condicións asumidas totalmente por ambas entidades. En días posteriores os dous equipos asinarán un documento que recollerá os acordos establecidos. 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.