Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PRESENTACIÓN NO HOTEL "VILLA DE ARES"
 
 

XUVENÍS. PRESENTACIÓN NO HOTEL "VILLA DE ARES"

O ADESTRADOR MARCOS INDICOU AS PAUTAS A SEGUIR

 

Este serán tivo lugar o acto de presentación no Hotel “Villa de Ares” dos xogadores xuvenís do Numancia e do seu adestrador para a temporada 2011-12.

Ares, 3 de agosto de 2011
A directiva da entidade transmitiu aos rapaces varias ideas clave para o desenvolvemento da actividade, como por exemplo a necesidade de cumprir co compromiso que se adquire desde o primeiro adestramento, da solidariedade con todos os compañeiros, do respecto a unhas normas e da ilusión por formarse e intentar mellorar deportivamente. Tamén se insistiu nos obxectivos principais desta temporada, que non son unicamente as vitorias nos partidos, e si principalmente a de conseguir unha actitude correcta e deportiva tanto nos vestiarios coma no campo. 
A continuación, Marcos Amor dirixiuse aos rapaces para indicarlles cales son as súas pretensións e ofrecerlles toda a axuda que precisen.
Por outra banda, agradecéuselle a Manolo, propietario do Hotel “Villa de Ares”, a súa colaboración coa entidade.
Nesta xornada acompañounos o concelleiro de deportes aresán, Juan José Vilar, presenza que o Numancia valora moi positivamente e amosa o interés do concello, non só pola nosa entidade, senón tamén polos rapaces; e tamén estivo con nós o adestrador do primeiro equipo, Fran Bardanca, deixando entrever que as portas do equipo de afeccionados están abertas para todos aqueles xuvenís que traballen acertadamente.
En definitiva, e como se indicaba anteriormente, o Numancia xuvenil quere comezar a temporada con moi bo sabor, con ilusión e ambición.
Os xogadores que acudiron a esta primeira cita foron estes: Juan Ramón Costa, Dani Cagide, Álvaro Casás, Manuel Martínez, Amenedo, Ezra, Johni, Brayan, Iván Fernández, Ángel Blanco, Pepe, Borja, Ricardo, Roque, Xaime, Daniel Cartelle, Darío e Juan Escudero. 
Faltaron á cita: Carlos Arnoso e Moabe.
Mañá mercores terán a primeira sesión de adestramento, sesión que ten que retrasarse ata as 21.00 h. debido ao partido Eume – Cerceda. O venres, ás 19.00h, en Prados Vellos, xa disputarán o primeiro amigable co Eume.
A.D.R. Numancia de Ares. Juveniles 2011-2012. Presentación equipo en Hotel Villa de Ares. Patrocinador del Equipo
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.