XUVENÍS. PRESENTACIÓN 2011-12

INICIO CON BO SABOR NO HOTEL "VILLA DE ARES"

Mañá, martes 2 de agosto, ás 20.00 h. están citados os xogadores xuvenís do Numancia no Hotel “Villa de Ares”, patrocinador desta categoría, para efectuar a presentación da temporada 2011—12. 
Ares, 1 de agosto de 2011
Marcos Amor será o adestrador do Numancia xuvenil para esta nova temporada que comeza mañá co acto de presentación. Os xogadores citados son os seguintes:
Continúan da temporada anterior: Carlos Arnoso, Juan Ramón Costa, Dani Cagide, Álvaro Casás, Manuel Martínez, David Amenedo, Jonhy, Brayan, Moabe e Iván Fernández.
Soben da categoría cadete: Pepe, Borja, Ricardo, Roque, Xaime e Daniel Cartelle.
Tamén están citados dous xogadores cadetes que comezarán a temporada cos xuvenís: Darío e Juan Escudero.
Por outra parte, o xogador xuvenil Quique estará a proba no Galicia de Caranza (categoría Liga Galega) durante os primeiros quince días de agosto.
Marcos indicará as sesións de adestramento previstas para esta pretemporada así como os partidos amigables, o primeiro dos cales será o que disputarán este venres, 5 de agosto, ás 19.00 h. co Eume (liga galega) no campo de Prados Vellos.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.