XUVENIS. SORTEO GRUPOS DE COPA.
Sorteo grupos Torneo de Copa da categoría de xuvenís.
O lúns, 25 de abril, ás 19:45, tivo lugar na Delegación de Fútbol de Ferrol o sorteo dos grupos para o campionato da copa na categoría de xuvenís.
O campionato dará comezo o 14 de maio.
Os equipos quedaron encadrados como se expón a continuación.
GRUPO 1 |
GRUPO 2 | GRUPO 3 | GRUPO 4 |
Ortigueira | Cedeira | G. Mugardos | NUMANCIA |
San Sadurniño | Cebarca | Aspirantes | Narón |
G. Caranza | R. de Neda | Perlio | R. San Pedro |
O Val | Portuarios | Ánimas | As Pontes "B" |
Os partidos da fase de clasificación xogaranse a partido único os días: 14, 17 e 21 de maio.
Clasificaranse para semifinais o primeiro de cada grupo.
SEMIFINAIS
As semifinais disputaranse a dobre volta.
Os cruzamentos de semifinais quedan como se expón a continuación:
1º do Grupo 3 contra 1º do Grupo 1.
1º do Grupo 4 contra 1º do Grupo 2.
NOTA
As datas para celebrar as semifinais e final quedan pendentes e confirmar, atendendo os equipos que se clasifiquen para as mesmas e os partidos da fase de clasificación para a Liga Galega.