XUVENÍS. ASPIRANTES, 1 - NUMANCIA, 4.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2010-2011. Aspirantes 1 - Numancia 4. A Gándara (Ferrol).¡¡¡HABEMUS VITORIA¡¡¡
Antepenúltima xornada da Liga Xuvenil Comarcal, onde o Numancia consegui por fin a tan ansiada vitoria nas instalacións da Gándara ante o Aspirantes.


A Gándara (Ferrol) 16 de abril de 2011.

ALINIACIÓNS:
ASPIRANTES: Bruno, Juan, Joam (Jose 80´), Brais, David, Pablo, Daniel (Alex 67´), Miguel, Lázaro, Cristian, Lage (Iván 57´).

NUMANCIA: Tito, Jony, Álvaro, Amenedo, Víctor, Juanra (Mirlo 83´), Manu, Moabe, Iván, Brayan, Ezra (Coco 55´).

COLEXIADO: D. Juan Orozco Corredoira (Delegación de Ferrol). Non amosou cartóns.

Nunha tarde casi veraniega de sábado, visitaba ó Numancia as instalacións de A Gándara para enfrontarse o Aspirantes. Un equipo, o ferrolán, moito mais competitivo que na primeira volta, e que viña de derrotar con claridade a domicilio o Cebarca e Meirás. O Numancia xogou co posto, 11 xogadores de campo e 2 porteiros, un deles tivo que actuar como xogador debido a molestias no seu brazo.

Falando xa do partido, na primeira metade saíu durmido ó Numancia. Iso aproveitouno o equipo local para conseguir o 1 - 0 no minuto 20 de partido. No último treito da primeira metade espertou o Numancia, cun xogo que buscaba ás costas da defensa ferrolá tivo varias ocasións. Nunha delas, Iván culmina unha boa xogada individual cun pase da norte a Manu, para que este último empuxe o balón ó fondo das mallas, conseguindo o 1 - 1 co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade, estivo o Numancia moito mellor. Pese a iso, o equipo local tivo un penalti o seu favor que parou Tito, no minuto 60. Foi unha xogada clave para o desenvolvemento do encontro. Tras esa xogada, viuse arriba ó Numancia, con moita moral. Manu enviaba un bonito pase a Brayan fusilando éste a portería local, 1 - 2 no minuto 70. Posteriormente, sería Brayan o que pasaría un balón a Iván para que anotase o 1 - 3 no minuto 75. E no minuto 80 de novo Iván cun lanzamento lonxano de falta establecería o 1 - 4 definitivo. Ledicia na parroquia numantina, e final do partido.

En definitiva, non foi o mellor encontro da tempada do Numancia, pero quizais si que foi o máis práctico. Esta vez, o de “goles son amores” estivo a favor dos de Ares. ¡¡¡Xa tocaba¡¡¡

Agora o que toca e desfrutar das vacacións de Semana Santa para coller forzar de cara ós dous últimos partidos de Liga, Racing San Pedro en Ares e visita a SD Val. Dous partidos da nosa Liga onde o Numancia espera termiñar da maneira mais digna posible esta competición.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.