XUVENIS. NUMANCIA, 2 - MEIRAS, 3.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2010-2011. Numancia 2 - Meiras 3. Prados Vellos.PARECE IMPOSIBLE GAÑAR
Despois da remontada e co resultado a favor os de Ares forense do partido e remataron perdendo.

 

Prados Vellos, 19 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Mirlo, Jony, Álvaro, Amenedo, Víctor, Pablo (Ezra 75´), Iván, Juanra (Coco 41´), Brayan, Moabe, Manu.

MEIRÁS: Marcos, Samuel, David (Martín 53´), Miguel (Cristian 70´), Iván, Adrián (Pablo 65´), Juan (Emilio 60´), Martín (Jerónimo 78´), Peruco, Adrián, Sergio.

GOLES:
Numancia: Brayan e Jony.
Meiras: Peruco (3).

COLEXIADO: D. Jose Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol) Amonestou a Iván no Meirás.

 



Maña de sábado primaveral en Ares. O Numancia xuvenil recibía o Meirás coa intención de conseguir unha vitoria que se resiste dende hai moito tempo. Estivo a piques de conseguilo, pero, finalmente non puido ser.

Comezaba o encontro con dominio numantino. Na primeira media hora de xogo varias xogadas dos de Ares ben poideron ter o premio do gol, pero non foi así. No minuto 35, o Meirás poñíase por diante no marcador aproveitando un balón solto na área numantina, conseguindo o 0 - 1. Non tardou moito en reaccionar ó Numancia, xa que un balón as costas da defensa visitante e aproveitado por Brayan para fusilar o porteiro do Meiras. Sería o 1 - 1, resultado co que chegaríamos ó descanso.

Na segunda metade, buscaban os numantinos a vitoria. Tiveron o premio a súa constancia nun balón que recolle Jony para anotar o 2 - 1, no minuto 60 de xogo. Pero incomprensiblemente, dende ese instante e ata o final o Numancia foise do partido. Esta situación foi aproveitada polos visitantes para buscar a remontada. Conseguirían o 2 - 2 nunha xogada na que o conxunto numantino peca de inocente, no minuto 75. Sería peor a cousa para ós de Ares cando a falta de 5 minutos para ó final, o Meirás conseguía o 2 - 3 definitivo aproveitando a falta de contundencia local. Intentou o Numancia volver a empatar ó encontro con mais corazón que cabeza, poido facelo en varias xogadas a balón parado, pero non houbo sorte. Os 3 puntos viaxaron ata Meirás, para impotencia, desánimo e frustración do equipo local.

En defintiva, dura derrota para o Numancia xuvenil, un equipo que nas últimas dúas xornadas amosou unha mellor cara, pero sen sorte. A vindeira semana toca descansar, para reflexionar e coller forza de cara os últimos 5 partidos de liga.

¡¡Vémonos todos dentro de 15 días en As Pontes, no vindeiro partido¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.