XUVENÍS. ÁNIMAS, 6 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010- 2011. Ánimas 6 - Numancia 1. A Gándara (Ferrol).A CALIDADE MANDA.
Os de Ares, a pesar do resultado, fixeron un bo partido, crearon ocasións e tiveron oportunidades, pero falta pegada.

A Gándara (Ferrol), 12 de febreiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
ÁNIMAS: Javier (Nilson 51´), Adrián, Pablo, Faustino (Agustín 67´), Verde, Manuel (Daniel 57´), Anxo, Jose, Parrulo (Alejandro 69´), Grueiro (Amado 48´), Jorge Lesta.

NUMANCIA: Carlos, Coco (Dani 57´), Amenedo, Álvaro, Víctor, Moabe, Manu, Jony, Juanra (Ángel 67´), Rubén (Pablo 57´), Brayan.

COLEXIADO: D. Cristian Santos González. (Delegación de Ferrol). Sen amonestados.

GOLES:
Ánimas: Lesta (3), Parrulo (2) e Agustín.
Numancia: Ruby.

Vixésima terceira xornada da Liga Xuvenil Comarcal onde o Numancia caeu xustamente derrotado ante un dos líderes da competición, o Ánimas, nas magníficas instalación de A Gándara en Ferrol.

Nunha agradable mañá de sábado, con nubes e claros e boa temperatura rendía visita o Numancia xuvenil ó Ánimas. Un Numancia bastante mellorado, con mais efectivos, posto que presentouse a este encontro con 15 xogadores.

Deu a cara o Numancia neste encontro. Non mereceu unha derrota tan abultada. Nos primeiros 35 minutos soubo amarrar ben o Ánimas. Nese tempo, houbo ocasións claras de gol para ós dous equipos, aínda que sen goles. Nos últimos 10 minutos da primeira metade, o Ánimas aproveitou dous erros de concentración no equipo numantino para poñer terra de por medio no marcador, conseguindo un inxusto 2 - 0 en 10 minutos. Un resultado que non reflexaba o sucedido na primeira metade, pero… goles son amores.

Na reanudación, non baixou ós brazos ó Numancia, que tentou meterse de novo no encontro. No minuto 50, un avispado Ruby aproveita un erro do porteiro local, que fai un mal despexe polo que o balón quédalle manso o dianteiro aresán para empuxalo ó fondo da portería local. 2 - 1. Pero pouco durou esa ledicia, xa que unha perda de balón incomprensible no medio do campo numantino, provoca unha rápida xogada local que termiña cun fermoso gol. 3 - 1 no minuto 57. Duro mazazo para ó Numancia, que desta vez, si que acusou o golpe. E moito mais cando tres minutos despois o equipo local termiñaba de sentenciar o encontro co 4 - 1. Dende ahí ata o final, partido roto con ocasións de gol para os dous equipos. ¿A que non sabedes quen as aproveitou? O Ánimas, por suposto. O Numancia de cada 100 ocasións fai un gol, e así e moi difícil conseguir algo positivo ante un dos equipos punteiros da clasificación. O final do encontro, o resultado abultado xa coñecido de Ánimas 6 – Numancia 1.

En definitiva, boa imaxe dun Numancia recuperado ante un bo equipo. Xogando e loitando así, e cun pouco mais de acerto cara a portería contraria, e mais concentración defensiva, pódeselle plantar cara a calqueira equipo da Liga, de aquí o final da mesma. Para iso haberá que seguir con ese compromiso de todos ós efectivos e seguir contando tamén co apoio da afección.

Próximo partido, ó vindeiro sábado as 11:00 en Prados Vellos ante o Portuarios. ¿Chegará por fin a ansiada victoria? Esperemos que así sexa. ¡¡¡Axúdemos para que así sexa¡¡¡

¡¡¡Vémonos ó sábado as 11:00 en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.