Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PORTUARIOS, 1 – NUMANCIA, 3
 
 

XUVENÍS. PORTUARIOS, 1 – NUMANCIA, 3

Os xuvenís comezan a Copa con bo pé

Sábado, 7 de febreiro de 2009

Xelo.

 

ALINEACIÓN:

NUMANCIA A: Iván, Coco, Antón (Martín), Jorgito, Many, Jorge (Pablo), Rico (Manu), Julio, Carlos, Rubén, Pedro (Díaz)

ÁRBITRO: Asistido nas bandas por dúas rapazas que debutaban. Desde aquí o noso ánimo e apoio, sempre é bo que entre xente nova no mundo da arbitraxe.

 

GOLES: Julio (2) e Carlos.

 

COMENTARIO :  Os xuvenís inician a Copa con bo pé, nun partido que se puxo rapidamente de cara ao marcar Carlos no m. 1 do partido, ao lanzar maxistralmente unha falta. Posteriormente, unha boa xogada colectiva permite a Julio lograr o segundo gol. O Numancia, como é habitual, desplegou o seu mellor xogo na primeira parte e mesmo puido ampliar o marcador con algunha ocasión máis, sobre todo un man a man co porteiro que fallou Rico. O Portuarios tamén dispuxo dalgunha ocasión pero dúas grandes intervencións de Iván, unha a un disparo a bocaxarro do dianteiro dentro da área, e outra a unha falta desde a esquina que se colaba dentro da portería.

Na segunda parte o Portuarios botou o resto e o Numancia xa non puido xogar tan cómodo. Acortou distancias o Portuarios cun gol do seu dianteiro desde a frontal sorprendendo a un excesivamente adiantado Iván. Nestes minutos o Numancia mantívose firme en defensa e xa na recta final aumentou a súa ventaxa cun remate de cabeza de Julio nun saque de córner.

No Numancia é de destacar o bo partido de todos, a nivel colectivo se ben é de salientar a boa actuación dos dous laterais, Coco e Jorgito; o bo partido de Pedro ata o momento da súa lesión (parece que se fixo co posto de medio centro titular); os goles de Julio que xa leva cinco xornadas consecutivas marcando (atopou o seu sitio na banda dereita); e, por suposto, o magnífico gol de falta de Carlos (imos facer unha colecta para comprarlle un balón); e, finalmente, as dúas grandes paradas de Iván polo importante que foron, visto o transcursodo partido.

No Portuarios destacaría as boas maneiras do número once e medio centro, ao lateral esquerdo que en defensa se amosou moi activo e cun gran sentido da marcaxe e da anticipación, e tamén os bos detalles do número nove e dianteiro centro. Detalles que seguramente foran mellores se se centrara máis no xogo e menos en protestar aos árbitros e criticar aos seus compañeiros.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.