XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - CULTURAL MANIÑOS, 0.
VICTORIA POR INERCIA
Oitava xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia venceu con comodidade o Cultural Maniños en Prados Vellos.
Ares 23 de outubro do 2010
ALINIACIÓNS:
Numancia: Tito, Coco, Álvaro, Amenedo, Víctor, Jony (Brayan 62´), Iván (Juanra 46´), Ángel (Pablo 60´), Moabe, Manu (Antonio 78´), Dani (Rubén 72´).
C. Maniños: Mirlo, Alex, Borja, Dani Plana, Pablo (Juan 46´), Miguel, Fabio, Amarelo (Jorge 75´) Adrián (Sergio 46´) Pablo, Borjita.
GOLES: Víctor, Dani (2), Amenedo e Rubén.
COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado (Delegación de Ferrol). Amonestou a Dani Plana e expulsou a Sergio no Cultural Maniños.
Nunha mañá fresca de sábado medían as súas forzas o Numancia e o Cultural Maniños xuvenil. Comenzaba o partido con tanteo por parte dos dous equipos. Encontrábase o Numancia con un golazo de Víctor que a saída dun corner enganchaba una volea dende 30 metros que se colaba pola escuadra da portería visitante. Ese gol serviulle o Numancia para facerse co dominio do xogo durante a primeira metade. Nese tempo, os numantinos fixeron un bo xogo alternando fútbol combinativo e balóns longos. Chegarían dous goles mais obra de un hoxe acertado Dani, un deles nunha bonita xogada combinativa dos aresán onde Manu deulle o pase da norte, e outro tras cabecear un córner moi ben sacado por Iván. 3 - 0 ó final da primeira metade, bo xogo e dominio do Numancia, pero aínda quedaban 45 minutos.
O segundo tempo comezaba cun Maniños mais atrevido. O Numancia perdeu o seu sitio no campo durante 30 minutos. Exceso de confianza, relaxación, pouca ambición. Por sorte Tito estivo acertado nun par de acción impedindo que os visitantes acurtaran distancias. A falta de 10 minutos rompíase definitivamente o encontró tras quedar o Maniños con 10 xogadores. Ós últimos 10 minutos foron un acoso do Numancia a portería rival, onde Amenedo e Rubén, dous dos xogades mais implicados co equipo, conseguían o seu premio o traballo cun gol para cada un. Pechábase o encontró que finalizaba co resultado coñecido de 5 - 0.
En definitiva, partido cómodo para o Numancia ante un rival todavía en construcción. Vitoria balsámica e necesaria para os numantinos, que ten que darlle folgos e confianza para as vindeiras xornadas, onde terán que estar moito mellor en canto intensidade para levarse os 3 puntos.
A próxima cita será un dos partidos mais agardados por todos. Primeiro derbi da tempada, ante o Galicia de Mugardos no campo de A Pedreira. Un partido onde a motivación sobra, onde os 3 puntos serán importantes. Esperemos que os nosos xogadores non se enrugen, e loiten ata o final pola vitoria.
Vémonos o vindeiro sábado na Pedreira, a poder ser animando o Numancia, sen mais miramentos. ¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡