Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. ORTIGUEIRA, 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

XUVENÍS. ORTIGUEIRA, 2 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Ortigueira 2 - Numancia 3. San Claudio.SUFRIDA E IMPORTANTE VITORIA
Terceira xornada da Liga xuvenil local onde o Numancia conseguiu 3 valiosos puntos nun campo sempre complicado como o de San Claudio en Ortigueira.

 

 Ares 25 de setembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
Ortigueira: Hugo, Pablo, Román, José, Darío, Borja, Rubén, Juan, Edu, David, Diego, Juan, Julián, Manuel e Daniel.
Numancia: Tito, Álvaro, Amenedo, Jorge, Víctor, Jony (Coco 55´), Iván (Rubén 82´), Juanra (Ángel 75´), Pablo (Moabe 62´), Manu, Dani.

COLEXIADA: Dña Raquel Ortega Orge (Delegación de Ferrol) Sen amonestados.

GOLES: Borja e Juan polo Ortigueira / Jony, Manu e Iván plo Numancia.

COMENTARIO:

Primeira xornada de outono na Liga Xuvenil marcada polo aire fresco e as nubes que se divisaban no ceo de Ortegal. Xogaban Ortigueira e Numancia un encontró con pronóstico incerto, dado o descoñecemento dos equipos e as pequeñas dimensións do campo de San Claudio.
Comezaba o encontró moi intenso, con chegadas ás áreas por parte dos dous equipos. Moitos balóns aéreos e divididos, ningún dos equipos era capaz de facerse co dominio do balón nin do encontró. Eran moi importante nese partido as xogadas a balón parado. Nunha desas xogadas, o equipo local colga o balón a área numantina, a defensa rexeitao pero na segunda xogada un xogador local engancha un disparo fortísimo ante o que o porteiro numantino Tito nada pode facer. 1-0 na media hora de xogo. Os aresáns non se viñeron abaixo e foron a polo empate. Nun dos poucos momentos no que o balón foi ben tratado polos xogadores, un bonito pase de Iván ás costas da defensa local e aproveitado por un rápido Jony que consegue envíar o balón as redes da portería facendo o empate a 1 no marcador, ós 35 minutos de xogo. De ahí ó intermedio moita intensidade e tímidas ocasións para ós dous equipos, pero sen moverse o marcador. 1-1 no descanso.
O inicio da segunda metade foi unha bendición para o Numancia. No saque de centro inicial do Ortigueira os numantinos fan unha boa presión, facendo que o balón chegue ata o porteiro local, que o perde a favor de Manu que no roubo do balón introduce o mesmo na portería ortegana. No minuto 1 da reanudación xa estaba o Numancia por diante. Pero sería aínda mellor cando unha falta sacada maxistralmente por Iván introdúcese na meta local. 1-3 no marcador no minuto 3 da segunda metade. Xa fixera o Numancia o mais compricado, remontar o marcador adverso. Pero non nos ten acostumados o equipo xuvenil a partidos tranquilos. Como de costume, compricouse o partido para ós numantinos nun contraataque dos locais que terminaba en gol. 2-3 no marcador a falta aínda de 25 minutos para o final. ¡¡¡Tocaba sufrir¡¡¡ Sufrimos vendo como ó Numancia tiña alguna dúbida na portería e na defensa, como os balóns divididos eran para os locais e sufrimos cando poido o Numancia pechar o partido con varias ocasións clarísimas que os de Ares non foron quen de materializar. Pero finalmente, a sorte esta semana si que estivo do lado dos aresáns, ¡¡¡falta facía¡¡¡ e o Numancia conseguiu 3 valiosos puntos en Ortegal.

Esta victoria vai adicada especialmente o noso compañeiro do equipo xuvenil Carlos Pena, que sufriu unha escordadura de nocello no adestramento do pasado luns, que o manterá apartado cerca dun mes da práctica deportiva. ¡¡¡Vai por ti¡¡¡ ¡¡¡Moito ánimo campión¡¡¡

En definitiva, partido con luces e sombras para os numantinos. No positivo, outra vez a entrega dos rapaces dende o minuto 1 ata o 90. O bo papel no xogo aéreo demostrando que os adestramentos semanais serven para algo, sempre e cando se poidan realizar sen problemas e con compromiso. Tamén no aspecto positivo o traballo do mediocampo. No aspecto negativo, a falta de intensidade na presión, os poucos balóns divididos que se levaron os nosos xogadores, os dous goles regalados o Ortigueira, que suman tres contando o regalado o San Sadurniño; e tamén a falta de acerto cara a portería nos momentos claves do encontró. Xa vedes que pese a todo iso o Numancia levouse o partido, polo tanto, é sinal de que algo se está a facer ben. Pero queda moito por mellorar neste equipo que agora terá 3 partidos importantes en 3 semanas. Recibe o Perlío o 2 de outubro, visita ó Cebarca o 9, e recibe ó Ánimas o martes 12 de outubro festivo. Partidos ante rivais situados na parte alta da táboa clasificatoria e que están chamados a loitar polas dúas plazas que dan acceso a xogar a promoción de ascenso. Rivais que poñeran as cousas mais compricadas o Numancia. Partidos onde os numantinos terán que xogar o 120%, ademais de ter que estar moi serios na defensa e acertados no ataque. Seguro que os aresáns adestran forte e con ilusíon nestas duas semanas para preparar estes importantes encontros que se aveciñan. Para iso esperan contar coas maiores comodidades posibles, así como con todo o plantel, para intentar demostrar que o Numancia xuvenil este ano tamén pode competir na Liga, sempre e cando teña apoio, sorte, ilusión e traballo, moito traballo.

Xa sábedes que unha das cousas que mais necesita un equipo e o apoio da afección. E por iso que a familia do Numancia xuvenil fai un chamamento a toda a fiel afección numantia para que ó próximo sábado ás 16.30 suba ata Prados Vellos para animar o noso equipo ante o líder da categoría, ó Perlío. Co apoio de todos seguro que facemos que o Numancia faga sufrir ó Perlío, e porque non, consiga outros 3 puntos para seguir progresando.

¡¡Esperámosvos a todos o vindeiro sábado ás 16:30 en Prados Vellos¡¡¡ ¡¡¡A vosa presencia e moi importante¡¡¡ ¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.