XUVENÍS. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 3 - Eume 2. Prados Vellos.ESTE PODE SER O CAMIÑO
Último partido amigable do Numancia ante o Eume Deportivo da Liga Galega disputado o pásado sábado as 19:00 en Prados Vellos. 

 

Ares 4 de septembro de 2010

NUMANCIA: Carlos, Coco, Álvaro, Jorge, Ángel, Brayan, Iván, Manu, Pablo, Moabe, Rubén. Tito, Jony, Amenedo, Antonio, Juanra, Ezra e Dani.

GOLES: Rubén e Manu (2)

COLEXIADO: D. Andrés Rodríguez Rodeiro (ex- colexiado de 2º B) 

 


COMENTARIO:
Nunha tarde calurosa, xogaba o Numancia xuvenil o seu último partido amigable antes do comezo da Liga, co propósito de mellorar a imaxe ofrecida ante o Galicia de Mugardos e ultimar a posta a punto para a competición ligueira. Enfrontábase ó Eume Deportivo un rival de categoría superior que tamén última a sua preparación. O Numancia contra todo pronóstico, foi quen de vencer neste encontro.

Un partido que comezou con dominio do Numancia, que apostaba por un fútbol combinativo que non tiña saída nos últimos metros. O Eume pola contra estaba ben plantado no campo, aínda que sen chispa. Si que tiá chispa un Numancia moi metido no partido, uns xogadores que non daban un balón por perdido. Tanta entrega tivo o seu froito nos últimos minutos da primeira metade cando Rubén presiona sen descanso a saída do balón do Eume. O porteiro visitante erra no despexa e o balón rebota en Rubén entrando na portería eumesa. Bo premio ó traballo nesta primeira metade.
A segunda parte comeza co dominio do Eume que coincide cun baixón dos aresáns. Un equipo de Liga Galega non perdoa e nunha das poucas ocasión que tiveron consiguen bater a Carlos, acadando o empate. Os numantinos víñeronse arriba e seguiron ofrecendo pelexa e bo xogo. Nunha falta que Pablo colga a área de maneira maxistral aparece Manu adiaántandose a defensa eumesa para cabecear o balón á rede. Poucos minutos mais tarde, o mesmo Manu converte un penalti acadando dous goles en 10 minutos, deixando o marcador en 3-1. Nos últimos instantes de partido, moita intensidade polos dous equipos, conseguindo o Eume recurtar distancias por medio dun penalti. Ese gol suporía o 3-2 e o pitido final dun partido disputado.

En definitiva, este sábado poidemos ver un Numancia moi diferente o da semana anterior. Esta vez si que podemos felicitar ós nosos xogadores polo seu grande esforzó e pola predisposición a xogar ben o fútbol. Quedan moitos aspectos a mellorar, a fluidez no xogo, a definición, a estratexia defensiva… todo iso mellórase con adestramentos e moito esforzo. Estamos seguros de que pelexando coma hoxe, con ese espíritu numantino o Numancia xuvenil pódelle plantar cara a calqueira rival nesta Liga 2010-2011.

Unha Liga que comeza para ós nosos o vindeiro fin de semana en Neda. Esperamos contar co apoio da fiel afección numantina para conseguir os primeiros 3 puntos da tempada. ¡¡¡Vémonos todos en Neda o vindeiro fin de semana¡¡¡ ¡¡¡Non fáltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.