Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 6 - R. SAN PEDRO, 1.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 6 - R. SAN PEDRO, 1.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 6 - R. San Pedro 1. Prados Vellos.GOLES E MOITO CALOR EN PRADOS VELLOS.

Vitoria cómoda dos aresáns que tiveron que facer fronte ao rival e ás altas temperaturas cunha plantilla escasa polas ausencias.

Ares 4 de setembro de 2010.

NUMANCIA: Xaime, Pepe, Dario, Miguel, Dani, Ricardo, Juan, David, Quique, Edu, Borja. Tamén xogaron Juan Carlos e Andrés.

GOLES:
NUMANCIA: Edu (3), Ricardo, Borja e Quique.
R. SAN PEDRO: Julián (penalti). 

 



Tarde de sol e moito calor en Prados Vellos nun partido no que puidemos ver a posta de longo de Xaime baixo os paus, posición que xa ocupara en categorías inferiores, desde aquí desexámoslle sorte na súa nova demarcación. Tamén puidemos ver en Prados Vellos a outro vello coñecido da afección numantina que retorna ás categorías base, José Darriba “Cole”, aínda que nesta ocasión faino como adestrador nas filas do R. San Pedro. Sorte e o mellor tanto para él como para ao seu equipo.
En canto ao partido, pouco que comentar, prácticamente foi un monólogo dos aresáns que dominaron o encontro de principio a fin. Aínda que cun xogo non moi vistoso, pero si efectivo, que queda patente no curto resultado a tenor das numerosas ocasións creadas, a superioridade do equipo local foi manifesta. Os visitantes en escasas ocasións chegaron a intimidar a meta aresá, aínda que mereceron algún gol máis que só impediu a falta de acerto dos seus dianteiros.
Ao descanso chegouse con 4 - 0 a favor dos aresáns. Na segunda metade os cambios de xogadores foron continuos para poder soportar a calor asfixiante e o cansazo que pasou factura aos rapaces, o que provocou a diminución na intensidade do xogo. Ao final do encontro 6 - 1 a favor dos locais.
En canto ao xogo dos aresáns, dianteiros, moi ben. Mediocampo, ben, aínda que se pode mellorar, hai algúns xogadores que poden e deben ofrecernos máis. Defensa, regular, é unha tarefa pendente, falta de contundencia e decisión, hai que mellorar.
Por ultimo, agradecer a presenza da numerosa afección, tanto local como visitante, que preferiu desprazarse ata Prados Vellos a animar aos rapaces, en lugar de ir á praia. O cal é de agradecer. Tamén queremos agradecer a colaboración de Juan Escudero que unha vez máis se envorca coa entidade colaborando na arbitraxe do partido.
Próxima encontro dos cadetes e ultima cita da pretemporada, sábado 11 de setembro, ás 10:30 horas, en Prados Vellos. NUMANCIA - RAPIDO DE NEDA.
Esperámosche.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.