CADETES. CEDEIRA, 4 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Cedeira 4 - Numancia 1. O Beco.OS CADETES ELIMINADOS NAS SEMIFINAIS DA COPA.

A superioridade técnica e física dos cedereirense impúxose nun encontro no que os aresáns, aburados polas baixas e polo resultado do partido de ida, tíñano moi difícil.


Ares, sábado 12 de xullo do 2010.

Xornada de volta do Campionato de  Copa, categoría cadete.

CEDEIRA, 4 – NUMANCIA, 1.

ALINIACIÓNS:
Cedeira: Alejandro Álvarez, Jorge (Javier min. 41), Andrés (Gonzalo min. 58), Óscar, Daniel Rodríguez, Manuel, Alejandro Montero, Antonio, Alberto (Fernando min. 41), Daniel Bellas (Bruno min. 53) e David
Numancia: Carlos, Ángel, Adrián (David min. 41), Pepe, Xaime (Iván min. 11), Quique, Martín, Ricardo (Roque min. 68), Miguel Piñeiro (Dani min. 68), Juan (Andrés Novoa min. 68) e Miguel López.

GOLES:
1 – 0: (min. 4) Xaime (p.p).
2 – 0: (min. 10) Daniel Bellas.
2 – 1: (min. 14) Pepe.
3 – 1: (min. 53) Antonio.
4 – 1: (min. 56) Antonio.

COLEXIADO: D. José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Pepe, e doble amarelo a Ángel e Fran (auxiliar) polo Numancia.
 


COMENTARIO:
Eliminatoria complicada para o Numancia que tiña que remontar un 2 - 0 en contra e con algunhas baixas no persoal polo que tiveron que botar man dos infantís, Martín, Iván e Andrés Novoa. Desde os minutos iniciais o partido xa se lles puxo en contra aos numantinos ao encaixar un gol que Xaime incompresiblemente introduce en propia porta, aos dez minutos de xogo encaixan o segundo polo que a eliminatoria quedaba prácticamente sentenciada. A pesar da adversidade o equipo non veu abaixo e continuo loitando, froito diso acurtou distancias aos poucos minutos o que os meteu no partido, plantándolle cara ao equipo local no que restou de primeira metade.
Na segunda metade os locais mellor técnica e fisicamente foron superiores aos visitantes e en dous sensacionais disparos de Antonio deron por finiquitada a eliminatoria. Os aresáns dispuxeron de dúas boas ocasións para acurtar distancias e maquillar o resultado pero non estiveron acertados. En definitiva xusto marcador e xusto finalista de copa que terá que enfrontarse ao Galicia de Caranza na final. Primeiro e segundo clasificado do campionato de liga, os equipos máis en forma desta tempada, veranse de novo as caras no que a bo seguro será un interesantísimo encontro. Sorte a ambos e que gañe o mellor.
Unha vez finalizado o encontro a expedición do equipo de cadetes desprazouse ata A Barqueira para animar ao equipo de xuvenís que se xogaba o pase á final do Torneo da AFACO e que finalmente se impuxo ao Cebarca por un tenteo de 2 - 5. Nosos parabéns aos xuvenís pola clasificación.

MINUTO A MINUTO:
1ª Metade:
M 4: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, balón disputado na área aresá entre Ángel e Alejandro Montero que queda solto, Xaime incomprensiblemente introdúceo en propia portería, 1 - 0.
M 6: falta que lanza Quique desde os tres cuartos de campo que se vai alta.
M 10: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, internada pola banda do Cedeira pase medido entre Ángel e Carlos a Daniel Bellas que marca a porta baleira, 2 - 0.
M 11: centro de Miguel López desde a liña de fondo, Ricardo prolonga de cabeza ao segundo pau onde remata Juan según cae pero o disparo saelle desviado.
M 14: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, corner que lanza Quique e Pepe de cabeza no primeiro pau envía ao fondo das mallas, 2 - 1.
M 19: disparo de Miguel López desde fóra da área que detén Alejandro Álvarez sen problemas.
M 26: roubo de balón de Miguel López no medio campo, cabalgada cara á área local pero dispara frouxo detendo Alejandro.
M 27: falta que lanza o Cedeira e remate en plancha de Alberto que sae rozando a base do pau.
M 35: remate de Miguel López desde a liña de fondo que Alejandro detén na base do primeiro pau.

2ª Metade:
M 42: man a man entre Antonio e Carlos, o gardameta aresano aguanta a saída e consegue rexeitar o esférico de sensacional parada.
M 45: balón en profundidade de Ángel sobre Miguel López que no último momento se trabuca co balón e dispara frouxo.
M 48: pelexa de David López con varios defensas na semilua da área cedeirense, finalmente consegue disparar pero moi frouxo.
M 53: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, internada de David por banda que cede a Fernando, este volve a David, pase atrás a Antonio colocase o balón e de forte disparo a media altura e pegado ao pau bate a Carlos, 3 - 1.
M 56: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, balón que a defensa aresá non acerta a afastar da área, chega a Antonio e de forte disparo cruzado volve bater a Carlos, 4 - 1.
M 60: centro pasado ao área numantina que Fernando remata fóra.
M 67: libre directo que lanza Quique axustado á base do pau e Alejandro rexeita de espectacular estirada.
M 72: falta en curto de Quique sobre Ángel, disparo deste e Alejandro rexeita de puños. O rexeite recólleo Quique, intérnase ata a liña de fondo e centra, Miguel López remata de cabeza e incomprensiblemente falla a porta baleira.
M 78: disparo de Fernando desde fóra da área que se marcha por encima do traveseiro.

A tempada rematou e agora toca descansar e gozar do verán, a tempada que vén será outra tempada. Quero aproveitar esta última crónica para felicitar aos rapaces polo sensacional campionato que nos brindaron, tanto na liga como na copa, e no que nos fixeron vibrar e gozar de sensacionais e apaixonantes xornadas de autentico fútbol. Felicitar a Fran, a Dani e a Manolo polo seu bo traballo e o seu bo facer ao conseguir conjuntar máis que un equipo de fútbol, un equipo humano e comprometido. Felicitar á Xunta Directiva, adestradores, delegados e a todas aquelas persoas que dunha ou outra forma contribúen á boa marcha desta Sociedade. Tamén quero brindar un agradecemento especial a unha parte moi importante desta gran familia numantina, a “AFECCIÓN, a MAREA VERMELLA, pais, nais, familiares, amig@s e siareiros" que xornada tras xornada acompañastes, animado e sufrido co equipo alá polos campos onde competiron. Seguide así porque podovos asegurar que sodes unha das mellores afeccións de toda a comarca. !!!MOITAS GRAZAS A TOD@S¡¡¡¡
¡!!!AUPA NUMAN¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.