CADETES: NUMANCIA, 2-ORTIGUEIRA, 3
Outro partido regalado polos cadetes.
17 de Xaneiro de 2009.
Luís e Rafa
Duro partido en Prados Vellos en loita polo quinto posto. O equipo numantino animado por un gol nos primeiros minutos xogou unha boa primeira parte na que marchou ao vestiario con dous goles de vantaxe.
Nunha segunda parte moi igualada o Ortigueira foi capaz de aproveitar as súas ocasións mentres o noso equipo estragaba varias oportunidades claras.
Ao remate o Ortigueira foise animando e gañounos o partido.
Alineacións:
Numancia:
1 Carlos(13 Cristián), 2 Álvaro, 3 Víctor, 4 Ángel, 5 Pablo(12Ezra), 6 Juan Ramón(15 Antonio), 7 Daniel, 8 David, 9 Manuel(14Miguel), 10 Alejandro,
11 Jonathan(16 Bryant).
Goles:
Numancia 2 (Daniel e Manuel)
Ortigueira 3 (Alejandro os 3)
Árbitro: Aaron