Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - MEIRÁS, 3.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - MEIRÁS, 3.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 3 - Meirás 3. Prados Vellos.¡¡¡¡OS CADETES ÁS SEMIFINAIS DA COPA!!!!
ATA O RABO TODO É TOURO. Os aresáns con oito xogadores no terreo de xogo e vinte minutos por disputar déronlle a volta a unha eliminatoria que ían pediendo por 1 a 3. 

 

Prados Vellos, venres 21 de maio do 2010.

7ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

NUMANCIA, 3 - MEIRÁS, 3.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos, Adrián (Dani min. 60), Miguel Piñeiro, Juan, Quique, Miguel López, Ricardo (Xaime min. 40), David (Roque min. 52), Javier, Edu e Brayan.
Meirás: Marcos Rodríguez, Edgar García (Martín Bouza min. 25), Emilio Ferreira, Miguel Bodelón, Carlos Ramayo (Bieito min. 57), Sergio Horjales, José Martínez, Cristián (Vicente min. 48), Pablo Bouza (Pablo Ferreiro min. 75), Pablo Ramos e Sergio López.

GOLES:
0 – 1: (min. 24) Miguel Bodelón.
1 – 1: (min. 28) Edu.
1 – 2: (min. 30) Pablo Ramos.
1 – 3: (min. 43) Pablo Ramos.
2 – 3: (min. 67) Edu.
3 – 3: (min. 80) Quique.

COLEXIADO: D. José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Juan, Xaime, Fran (auxiliar), dobre amarelo a Miguel López e vermello a Brayan polo Numancia. Polo Meirás recibiron cartón amarelo Bieito, dobre amarelo Martín Bouza, Miguel Bodelón e Sergio Orjales, estes dous últimos unha vez finalizado o encontro.

 

 

COMENTARIO:
Na tarde do venres cun sol de xustiza e moito calor, que acabou pasando factura a algúns xogadores, o Numancia e o Meirás xogábanse o pase ás semifinais da Copa.
Primeira parte bastante igualada aínda que con mellor xogo, mellor colocación e mellor tratamento do balón por parte do Meirás. Os de Ares non deron moi boa imaxe en canto a xogo e defensivamente cometeron algúns erros froito dos cales propiciaron os dous goles dos visitantes e algunha que outra ocasión de perigo. Adiantouse no marcando o Meirás e aos poucos minutos os locais igualaron a contenda, que pouco durou posto que na seguinte xogada serían de novos os visitantes os que se volverían a pór por diante para chegar ao descanso cun 1 - 2 no marcador.
Nada máis comezar a segunda metade o partido xa se lle pon costa arriba aos de Ares, un maxistral libre directo lanzado por Sergio López pon o 1 a 3 no marcador. O Meirás seguía tendo o control do terreo de xogo e movía moito mellor o balón. Os de Ares xogaban as súas bazas ao contraataque e balóns en profundidade pero non conseguían chegar con perigo. No minuto 54 a expulsión de Brayan deixa aos aresáns con dez e no 66 coa expulsión de Miguel López e a lesión de Carlos, sen máis cambios no banco, os numantinos quedan con oito no céspede, 1 a 3 en contra e vinte minutos (co desconto) por diante. Aparentemente xa estaba todo o peixe vendido, ninguén daba un peso polos aresáns. O Meirás tíñao todo de faciana e o Numancia quedaba a mercé deles. Pero o que son as cousas do fútbol, os visitantes con todo a favor, non rematan a faena e por riba xogan os peores vinte minutos do encontro. Aínda que dispuxeron de dúas boas ocasións para finiquitalo os seus dianteiros non estiveron acertados, e dúas boas paradas de Xaime impediron que subise algún gol máis ao marcador. En defensa foi onde peor o fixeron pois pecaron de inxenuidade e cometeron dous penaltis sobre Edu. Dous agasallos que valeron un pase ás semifinais. Parabéns para os rapaces.
Nas semifinais enfrontarémonos ao Cedeira e o partido terá que celebrarse por semana posto que os cedeirenses a partir do vindeiro fin de semana estarán inmerso na fase de asceso á Liga Galega. Desde aquí aproveitamos a ocasión para desexarlles sorte a eles e ao Galicia de Caranza que é o outro representante de Ferrolterra.

MINUTO A MINUTO:
1ª Metade:
M 2: centro tépedo ao área do Numancia, Miguel López falla no despexe, José Martínez remata e o balón estrélase no lateral da rede da meta aresá.
M 7: centro a área numantina que Miguel Piñeiro despexa mal, o balón cae nos pés de Sergio López que dispara alto.
M 11: cartón amarelo a Miguel Bodelón do Meirás.
M 12: libre directo que lanza Edu dende o vértice da área e o balón vaise polo lateral da portería.
M 13: saque en longo do porteiro do Meirás, Adrián erra no despexe, José Martínez faise co esférico, alcanza a liña de fondo, dispara bombeado e o balón marcha por riba do traveseiro.
M 21: pase en profundidade de Quique que gaña as costas dos defensas do Meirás, Edu controla intérnase na área pero dispara frouxo detendo Marcos.
M 24: GOOOOOOOOOOL DO MEIRÁS!, falta en curto que executa o Meirás, Pablo Bouza alcanza a liña de fondo dribla a David e a Adrián pase da morte que atopa Miguel Bodelón para enviar ao fondo das mallas, 0 - 1.
M 28: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, corner que executa Quique, Edu remata de cabeza, o balón dá nun defensa e cae morto na área, Edu peléxase con todos e consegue enviar ao fondo das mallas, 1 - 1.
M 30: GOOOOOOOOOOL DO MEIRAS!, fallo en cadea da zaga numantina que non consegue afastar o balón da área, finalmente logo de varios rexeites, centro atrás que Pablo Ramos de forte disparo envía ao fondo das mallas, 1 - 2.
M 34: remate de cabeza de Miguel López ao saque dunha falta que marcha alto.
M 36: cartón amarelo a Martín Bouza do Meirás

2ª Metade:
M 41: centro a área de Brayan, Edu remata de cabeza e detén Marcos.
M 43: GOOOOOOOOOOL DO MEIRAS!, libre directo que lanza Pablo Ramos e golazo do Meirás por toda a escuadra, 1 - 3. Nesta xogada lesiónase o porteiro numantino que tivo que ser asistido durante algúns minutos, o decoro puido máis que a dor e continuou no terreo de xogo.
M 45: cartón amarelo a Miguel López do Numancia.
M 51: internada pola banda de José Martínez, balón atrás e remate de Sergio López que marcha alto.
M 54: cartón vermello a Brayan do Numancia. Os aresáns quedan con dez.
M 59: remate de bolea de Pablo Bouza que marcha por encima do traveseiro.
M 61: cartón amarelo a Juan do Numancia.
M 62: cartón amarelo a Xaime do Numancia.
M 63: cartón amarelo a Fran (auxiliar do Numancia).
M 65: remate de Vicente que libre de marca e a porta valeira, incomprensiblemente dispara ás mans do gardameta aresán.
M 66: cartón amarelo (segundo) a Miguel López do Numancia. Neste mesmo minuto o gardameta aresán xa non pode máis e ten que ser substituído por un xogador de campo, Xaime ocupa o seu lugar. O Numancia sin máis cambios no banco queda con oito xogadores.
M 68: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, penalti sobre Edu que el mesmo se encarga de transformar, 2 - 3.
M 70: cartón amarelo (segundo) a Martín Bodelón do Meirás que queda con dez.
M 79: cartón amarelo a Sergio Horjales e Bieito Rodríguez do Meirás.
M 80: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, novo penalti sobre Edu que transforma Quique 3 - 3.
M 83: corner que executa o Meirás remata Carlos Ramayo e o balón marcha alto.
M 86: finaliza o encontro. Unha vez finalizado Sergio Horjales e Miguel Bodelón verían o segundo cartón amarelo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.