CADETES. PERLÍO, 1 - NUMANCIA, 6.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Perlío 1 - Numancia 6. Os Pinares.BO PARTIDO DO NUMANCIA A PESAR DE VERSE SOPRENDIDO NOS MINUTOS INICIAIS POLO XOGO LOCAL.
Con esta vitoria, e a falta de dúas xornadas, os aresáns dependen de se mesmos para pasar as semifinais de copa.

 

Os Pinares, venres 7 de maio do 2010.

5ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

PERLÍO, 1 – NUMANCIA, 6.

ALINIACIÓNS:
Perlío: Santiago, Iván (Ángel min. 55), Alfredo, Diego Espada, Rafael, Borja (Fabio min. 68), Carlos, Alejandro, Adrián, Edgar (Diego Rey min. 46) e Manuel (Javier min. 61).
Numancia: Carlos, Adrián, Pepe (Edu min. 40), Miguel Piñeiro, Antonio (Ángel min. 40), Miguel López, Quique, Brayan, Juan, Xaime (David min. 40) e Ricardo (Roque min. 40).

GOLES:
0 – 1: (min. 10) Ricardo.
0 – 2: (min. 29) Quique.
0 – 3: (min. 38) Brayan.
0 – 4: (min. 44) Brayan.
1 – 4: (min. 61) Alejandro.
1 – 5: (min. 66) Quique.
1 – 6: (min. 68) Brayan.

COLEXIADO: Juan Carlos Fernández Martínez (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Carlos polo Perlío e Pepe e Quique polo Numancia.


COMENTARIO:
Ao Numancia custolle algúns minutos asentarse no campo ao verse sorprendidos pola fulgurante saída local: Foron os mellores momentos do Perlío, que nos minutos iniciais gozou de tres boas ocasións para adiantarse no marcador. Cando mellor o estaban a facer os locais, nun fallo clamoroso do seu gardameta, encaixan o primeiro gol. Este gol deixou algo tocado ao Perlío e meteu aos aresáns no partido que aos poucos foron tomando as rendas do mesmo. Á media hora de xogo un novo gol aresán terminou por sacar do partido aos locais e nos últimos dez minutos estiveron desaparecidos do terreo de xogo, tempo que aproveitaron os numantinos para marcarlles un novo tanto.
Na segunda metade o adestrador aresán introduce novos cambios e varía algunha posición, dándolle moita máis velocidade en ataque ao equipo. Froito diso aos poucos minutos de iniciada esta metade o Perlío encaixa un novo tanto que termiña por afundir o equipo. De aquí ao final dominio dos de Ares que levaron tres merecidos e importantes puntos de cara ao campionato.
Felicitar ao equipo polo traballo realizado, en especial a Carlos, que novamente estivo soberbio en dúas ou tres paradas, Adrián, Miguel López, Quique, Brayan e Juan. E nesta ocasión imos dar un toque de atención a outros que estiveron algo por baixo do seu rendemento habitual, como Miguel Piñeiro, Ricardo, a pesar de meter o primeiro gol, Xaime e especialmente Edu.
A próxima semana o conxunto de Ares descansa, e na última e derradeira xornada recibirán en Prados Vellos ao Meirás, nun encontro no que posiblemente ámbolos dous equipos xóguense o pase a semifinais. Esperámovos a todos en Prados Vellos o vindeiro sábado 22, agora máis que nunca os rapaces necesitan o voso apoio.

MINUTO A MINUTO:
1ª metade:
M 4: libre directo que lanza Diego dende os tres cuartos de campo numantino, forte, raso e axustado á base do pau que Carlos de espectacular estirada envía a corner.
M 9: dúas ocasións consecutivas para o Perlío, a primeira disparo de socato de Alejandro que Pepe saca baixo os paus, o rexeite favorécelle a os locais, chega a Carlos e o gardameta aresán nun man a man có dianteiro envía a corner.
M 10: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, disparo de Ricardo dende fóra da área que se lle coa a Santiago entre as pernas, 0 - 1.
M 19: corner que saca o Perlío remata Iván e detén Carlos.
M 27: disparo de Miguel López dende o bordo da área que marcha alto.
M 29: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, penalti sobre Brayan que transforma Quique, 0 - 2.
M 31: libre directo que lanza Borja, cruza excesivamente o balón e perdese pola liña de fondo.
M 38: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, pase en mediocampo de Quique sobre Brayan que por velocidade desfaise dos seus marcadores, intérnase na área encara a Santiago e báteo de forte disparo raso ao pau curto, 0 - 3.
2ª metade:
M 44: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, pase de Quique sobre Edu, por velocidade deixa atrás aos seus marcadores, corre a banda, alcanza a altura da área pase da morte sobre Brayan, éste regatea a Santiago e marca, 0 - 4.
M 47: roubo de balón de Brayan en mediocampo, apertura á banda sobre Miguel López, alcanza o lateral da área e centro chute que se vai por riba do traveseiro.
M 48: falta en curto sobre Borja que dispara próximo á semiluna da área e detén Carlos en dous tempos.
M 52: perdida de balón de Quique en mediocampo do Numancia, faise con él Alejandro, dispara dende fóra do área e o balón peta no traveseiro.
M 55: centro chute de Miguel López que se pasea pola área local sen atopar rematador.
M 56: balón que controla Carlos de costas á meta aresá, dáse media volta, dispara e o balón vaise pegado á base do pau.
M 59: control de Edu dentro da área, dispara e rexeita Santiago, o rexeite recólleo Roque que dispara raso e axustado ao pau, Santiago nesta ocasión envía a corner.
M 61: GOOOOOOOOOOL DO PERLIO!, recuperación de Adrián en mediocampo, cede sobre Alejandro que encara a Carlos e báteo de forte disparo, 1 - 4.
M 66: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, pillería de Quique no lance dun libre directo dende os tres cuartos de campo do Perlío, non pide barreira, dispara e sorprende a Santiago de tiro axustado ao pau, 1 - 5.
M 68: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, saque en longo de Carlos, a zaga do Perlío erra no despexe e Brayan róuballes a carteira, encara a Santiago e báteo por baixo, 6 - 1.
M 70: fortísimo disparo de Edu dende fóra do área e sensacional parada de Santiago.
M 72: libre directo que executa Diego para o Perlío, Carlos no segundo pau remata segundo cáelle e extraordinaria estirada do gardameta aresán que envía a corner.
M 75: centro chute de Miguel López que peta no traveseiro.
M 80: corner que bota Quique, Brayan peitea de cabeza e Roque no segundo pau remata fóra.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.