Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 7 - ASPIRANTES, 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 7 - ASPIRANTES, 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 7 - Aspirantes 2. Prados Vellos.SÓ A FALTA DE ACERTO DOS DIANTEIROS ARESÁNS E AS GRANDES INTERVENCIÓNS DOS GARDAMETAS VISITANTES IMPEDIRON UNHA GOLEADA MAIS AVULTADA.  

 

Prados Vellos, venres 30 de abril do 2010.

4ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

NUMANCIA, 7 – ASPIRANTES, 2.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos, Adrián (Roque min. 48), Pepe, Miguel Piñeiro, Juan (Brayan min. 40), Miguel López, Quique, David (Javi min. 40), Ángel, Edu e Antonio (Xaime min. 48).
Aspirantes: Bruno (Iago min. 40), Agustín, Cristián, Jorge, Diego (Pablo min. 72), Alejandro, Brais, Juan, Gabriel (Cesar min. 72), Alberto e Eloy.


GOLES:
1 – 0: (min. 15) Edu.
2 – 0: (min. 21) Quique.
2 – 1: (min. 28) Juan.
3 – 1: (min. 32) Edu.
4 – 1: (min. 41) Edu.
5 – 1: (min. 54) Agustín (pp)
6 – 1: (min. 56) Miguel López.
6 – 2: (min. 69) Eloy.
7 – 2: (min. 78) Miguel López.

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Juan e Roque do Numancia e Jorge, Brais, Juan e Gabriel do Aspirantes. Tamén viron cartón vermello Marcos (delegado) e Alberto (por doble amarilla) do Aspirantes.

COMENTARIO:
Hoxe non vou comentar o partido posto que o titulo e o desenvolvemento da crónica “minuto a minuto” falan por si sos. O que si vou facer é unha chamada de atención ao civismo e á orde sobre algo que chama poderosamente a atención “os cartóns, oito cartóns”, ¿por qué tantos cartóns? O que lea esta crónica pensará que en lugar dun partido de fútbol houbo unha batalla campal, cando iso non foi a realidade. A maior parte deses cartóns eran evitables e de sacalos non tiña que haber sido aos xogadores. Habería que habérnolos ensinado aos pais, familiares e siareiros, que dende as bancadas en lugar de animar, axudar aos rapaces, e facilitar o labor do colexiado, facemos todo o contrario. Dedicámonos a protestar, todo os que é e o que non é, e esta actitude finalmente conduce a sacar do partido aos rapaces e ao colexiado, que termina por cometer máis erros de apreciación dos que serían desexables. Hai persoas que van ao fútbol e crense co dereito de poder faltar e insultar, coma se isto fose un espectáculo para ir a desafogarse da presión e da tensión da semana, cando debería ser todo o contrario. Manteñamos unha actitude de respecto e de civismo no campo e non provoquemos que as nosas accións poidan conducir a condutas antideportivas, que van en detrimento do espectáculo deportivo. Moitas grazas.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 2: balón en profundidade de Quique sobre Miguel López, éste internase pola banda alcanzado a liña de fondo, o seu disparo sen ángulo de tiro vaise por detrás da portería visitante.
M 6: balón en profundidade de Quique sobre Edu que se desfai do seu marcador por velocidade, o seu disparo cruzado marcha fóra.
M 9: balón bombeado de Antonio que bota diante do porteiro, no salto Edu ganalle a partida ao gardameta pero o seu remate de cabeza vaise fóra pegado ao pau.
M 11: pase de David sobre Edu entre os defensas, éste encara ao gardameta que na súa saída desesperada vese superado de vaselina, o balón bota diante da porta visitante e rebota no traveseiro, Cristian consegue afastalo baixo paus, recólleo Miguel López que dispara e o balón é rexeitado polo gardameta tirándose moi valente aos pés do dianteiro aresán.
M 13: fortísimo disparo de Edu dende a liña exterior da área que Bruno rexeita de extraordinaria parada.
M 14: corner que bota o Aspirantes, logo de varios rexeites na área disparo de Brais e detén Carlos.
M 15: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, balón colgado a área do Aspirantes, entre o gardameta e dous defensas fórmanse unha lea do que se beneficia Edu para de forte disparo enviar ao fondo das mallas, 1 - 0.
M 20: libre directo que executa Alberto e detén Carlos sen problema.
M 21: GOOOOOLLLAAAAZZZOOO DO NUMANCIA!, golazo de Quique, lanzamento dun libre directo dende os tres cuartos de campo que sorprende a Bruno, 2 - 0.
M 22: erro de Pepe ao tratar de protexer un balón que marchaba pola liña de fondo, o dianteiro róuballe a carteira, centra, Adrián despexa mal, o balón cae nos pés de Juan que dispara frouxo e Carlos detén sen problemas.
M 23: centro de Edu dende a liña de fondo que Miguel López intenta rematar de cabeza tirándose en plancha pero non chega por moi pouco.
M 24: corner que saca Quique en curto sobre Ángel, éste remata segundo vénlle e o balón vaise fora preto da base do pau.
M 28: GOOOOOOOOOOL DO ASPIRANTES!, balón mal despexado por Adrián que favorece a Juan quen de disparo a media altura bate a Carlos, 2 - 1.
M 30: internada pola banda dereita de Miguel López, dispara e Bruno envía a corner.
M 32: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, moi boa definición e bonito gol de Edu, pase de Juan sobre Edu que queda só fronte a Bruno superándoo de vaselina, 3 - 1.

2ª METADE:
M 41: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, balón que rouba Edu en mediocampo do Aspirantes, regatea a Alejandro, encara a Iago e báteo por baixo.
M 43: centro de Miguel López á área do Aspirantes, Edu adiántase ao seu marcador, controla co peito, remata segundo cae pero o balón marcha por encima do traveseiro.
M 45: disparo de Quique dende o bordo do área que marcha fóra.
M 48: corner en curto do Aspirantes sobre Brais que golpea segundo vénlle, o balón marcha por encima do traveseiro.
M 52: libre directo de Brais que sae pegado á escuadra da portería aresá.
M 54: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, balón en profundidade de Edu sobre Brayan que por velocidade supera aos defensas, encara ao gardameta nun man a man e sensacional parada de Iago. O rexeite recólleo de novo Brayan na liña de fondo, regatea a dous defensas, pase atrás sobre Quique que dispara dende o bordo do área, o balón toca en Agustín e despista a Iago, 5 - 1.
M 56: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, roubo de balón de Brayan en mediocampo, cede sobre Miguel López, éste de xogada individual internase na área, encara nun man a man a Iago ao que supera de disparo a media altura. 6 - 1.
M 59: xogada individual de Miguel López pola banda dereita, encara a Iago pero nesta ocasión o seu disparo estrélase no lateral da portería.
M 61: centro ao área de Quique sobre Brayan, éste cede a Roque, o balón sae algo adiantado e Iago detén nos pés do dianteiro aresán.
M 62: libre directo que lanza Cristián, o balón marcha alto por encima da meta numantina.
M 64: perdida de balón de Pepe que recupera Eloy, encara a Carlos quen aguanta a saída e sensacional parada do gardameta aresán.
M 65: disparo cruzado de Miguel López que detén Iago.
M 69: GOOOOOOOOOOL DO ASPIRANTES!, internada de Eloy pola banda dereita, leva a Xaime, encara a Carlos e báteo por baixo, 6 - 2.
M 72: corner en curto de Miguel López sobre Quique quen dispara dende o vértice do área detendo Iago.
M 73: ocasión para Brayan nun man a man con Iago que lle arrebata o esférico arroxándose aos pés do dianteiro aresán.
M 78: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA!, pase en profundidade de Edu sobre Miguel López, encara a Iago e báteo por baixo de disparo axustado ao pau, 7 - 2.
M 81: nova ocasión de Brayan nun man a man con Iago que de novo gáñalle a partida ao dianteiro aresán enviando o balón a corner.
M 82: corner que bota Quique sobre Ángel, o disparo é rexeitado pola defensa e queda morto cerca do punto de penalti, dispara Pepe e sensacional parada de Iago.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.