CADETES. GALICIA DE CARANZA, 2 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. G. de Caranza, 2 - Numancia, 1. Caranza.O NUMANCIA DESAPROVEITOU A DERRADEIRA OCASION PARA IGUALAR UN ENCONTRO NO QUE FORON DE MENOS A MAIS.

 

Venres 23 de abril do 2010.

3ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

GALICIA DE CARANZA, 2 – NUMANCIA, 1.

ALINIACIÓNS:
Galicia de Caranza: Antonio (Rico min. 72), Brayan, Pablo (Javier min. 68), Martínez (Ramón min. 54), Kevin (Díaz min. 68), Jorge, Alejandro, Pablo (Meizoso min. 45), Roy, Julen e Iglesias.
Numancia: Carlos, Pepe, Ángel (Roque min. 75), Miguel Piñeiro (Antonio min. 78), Quique, Miguel López, Juan (Xaime min. 59), Ricardo (Adrián min. 40), Edu, Brayan e Javi (David min. 55).

GOLES:
1 – 0: (min. 6) Alejandro.
2 – 0: (min. 28) Julen.
2 – 1: (min. 31) Edu (de penalti).

COLEXIADO: Alberto Martínez Miguez (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón amarelo a Jorge polo Caranza e Juan polo Numancia. E cartón vermello a Fran (Auxiliar) do Numancia.

COMENTARIO:
Moi bo encontro e de vital importancia, para os dous equipos de cara á clasificación, o que se puido disfrutar o venres no campo de Caranza. Partido intenso, aberto, con alternativas para os dous equipos e resultado incerto ata o asubío final.
Na primeira metade os aresáns comezaron mal, custoulles entrar en xogo e dabondo tiveron con desfacerse da presión e o bo xogo exposto polo equipo local que no minuto seis púxose por diante no marcador. Os primeiros vinte minutos foron o mellor do Caranza, e no que restou da primeira metade foi un partido de tu a tu na que se marcaron dous novos goles para marchar aos vestiarios con vitoria dos ferroláns por dous a un.
A segunda metade foi moi diferente os aresáns saíron máis centrados e a pesar de dúas boas ocasións do Caranza nos primeiros minutos, os de Ares pronto se puxeron as pilas e trouxeron en xaque durante boa parte desta segunda metade ao conxunto local. Co partido prácticamente rematado o Numancia perdoou a derradeira ocasión para a igualada nun encontro no que o empate houbese sido o resultado máis xusto. Pero non fútbol os erros paganse cos puntos.
Bo partido en xeral de todo o conxunto aresán, no que habería que destacar as actuacións de Quique, Edu, Miguel López, Pepe e quedámonos coas boas paradas de Carlos. Pero por riba de todos habería que destacar a soberbia actuación de Ángel, tanto en defensa como en ataque, no que quizais foi un dos seus mellores encontros. Parabén e confiamos en que sigas así.
Felicitar ao Caranza pola vitoria, que cun equipo sólido, férreo, ordenado, disciplinado e letal en ataque levou os tres puntos.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 6: balón que controla Alejandro na semiluna da área numantina, hábilmente cóase entre Pepe e Miguel Piñeiro e de disparo axustado ao pau bate a Carlos1 - 0.
M 22: disparo de Edu dende fóra da área que sae pegado ao pau.
M 28: libre directo cerca do vértice da área que executa Julen, posiblemente a barreira estivese mal colocada, tirao ao pau curto, o balón bota diante de Carlos e cóase na meta aresá 2 - 0.
M 31: man clarísima dun xogador do Caranza dentro da área e o colexiado SÓ sinala o penalti. Edu executa a pena máxima e rexeita Antonio en primeira instancia, o rexeite favorece ao dianteiro aresá que na segunda oportunidade non falla, 2 - 1.
M 34: erro de Carlos que dubida na saída e Roy róuballe a carteira, afortunadamente Pepe consegue afastar a ocasión de perigo.
M 35: libre directo que executa Edu dende os tres cuartos de campo que a punto está de sorprender a Antonio que con moitos apuros envía a corner.
M 38: balón colgado ao área aresá, Pablo libre de marca, controla e de vaselina a punto está de superar a Carlos que de espectacular estirada toca o suficiente para enviar a corner.

2ª METADE:
M 42: corner que bota o Caranza, a defensa aresá rexeita o balón, e Kevin desde fóra da área remata excesivamente alto.
M 43: perdida de balón de Adrián en mediocampo que recupera Roy, penétra na área e nun man a man con Carlos este detén de sensacional parada.
M 45: balón na liña exterior da área que toca Brayan de cabeza sobre Edu, este recolle de costas, dispara á media volta pero o balón marcha polo lateral da portería.
M 72: erro defensivo da zaga ferrolá nun pase perpendicular que rouba Edu, encara ao gardameta local pero o seu disparo cruzado vaise fóra.
M 80: libre directo que executa Quique próximo ao vértice da área, a barreira salta e Javier detén o balón coas mans, o colexiado SÓ sinala o penalti. Edu executa a pena máxima e paradón de Rico. O Numancia desaproveita unha gran ocasión para igualar o encontro.
M 82: balón en profundidade do Caranza que recolle Roy, de vaselina intenta superar a Carlos pero éste consegue tocar o xusto para evitar que o balón se cóe na portería, finalmente Quique afasta o esférico.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.