CADETES. ORTIGUEIRA, 0 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Ortigueira 0 - Numancia 0. San Claudio.XUSTO REPARTO DE PUNTOS.

 

 

 

San Claudio, sábado 13 de marzo do 2010.
25ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
ORTIGUEIRA, 0 – NUMANCIA, 0.

ALINEACIÓNS:
ORTIGUEIRA: Iago, Bruno (José Iglesias min. 66), Pablo (Juan min. 68), Adrián, José Campo, Martín, Ignacio (Ángel min. 76), Carlos (José Iglesias min. 51), Rubén, Álvaro e Eduardo.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Adrián (Roque min. 71), Quique, Javi (Xaime min. 55), Antonio (David min. 53), Ángel (Ricardo min. 60), Brayan, Miguel López e Juan.

COLEXIADO: Juan Rey López.
Amosoulle cartón amarelo a Carlos do Ortigueira e a Brayan e Miguel López do Numancia.

COMENTARIO:
Forte vento e frío á chegada a Ortigueira que presaxiaba unha tarde de cans, afortunadamente minutos antes do comezo do encontro acougou e as nubes e claros ata permitiron gozar dos raios do sol. A dez minutos do final da primeira metade, forte chuvasco de auga e saraiba, que dou paso de novo a nubes e claros que nos acompañaron durante toda a segunda metade.
Neste encontro votamos en falta a algúns siareiros que se desprazaran a Sevilla coa “Peña Deportivista Aresana”, para presenciar o encontro do Deportivo fronte o Sevilla. Pero ainda así desde a lexanía estiveron con nos, pois as chamadas desde a capital andaluza foron moitas ao longo do partido interesándose polo desenrolo do mesmo, o cal e de agradecer.
Xusto reparto de puntos nun encontro que prácticamente se xogou en mediocampo. Moito toque de balón e tamén moitos erros, consecuencia da continua presión, o que deu pé a un partido un tanto desordeado e marrulleiro. As reducidas dimensións do terreo de xogo propician que os xogadores estean moi encima uns doutros o que non permite realizar un xogo vistoso de cara ao espectáculo.
Os dous equipos estiveron ben, mellor en facetas defensivas que en ataque, pois as chegadas ás metas contrarias foron escasas.
Os de Ares fixeron un bo encontro, ben defensivamente, regular no mediocampo e en ataque faltounos algo de intensidade e sobre todo mordente.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 8: chilena de Miguel López que Iago detén sen problemas.
M 9: disparo bombeado de Martín que se envenena e cae sobre a rede da portería do Numancia.
M 23: barullo na área do Numancia que termina por rematar Ignacio, o seu disparo sae frouxo e detén Carlos sen problema.
M 35: libre directo que executa Quique, o balón vaise por riba da portería do Ortigueira.

2ª METADE:
M 44: libre directo que executa Quique, o balón vaise á dereita da portería do Ortigueira.
M 52: pase en profundidade de Quique sobre Miguel López que por velocidade deixa ao seu marcador, intérnase na área, Iago sae á desesperada e Miguel supérao de vaselina pero o balón marcha fóra.
M 54: disparo desde fóra da área de Ignacio que sae por riba do traveseiro da meta aresá.
M 59: disparo de Martín que se estrela no lateral da portería aresá.
M 61: gran ocasión de gol para o Numnacia, xogada individual de Miguel López pola banda esquerda, intérnase na área, dispara, toca Iago e o balón estrélase no poste. O rexeite cae nos pés de Xaime, que libre de marca, incomprensiblemente remata por riba do traveseiro.
M 73: saque de esquina do Ortigueira que remata Ignacio fora.
M 74: gran ocasión de gol para o Ortigueira, xogada individual de Ignacio pola dereita, intérnase na área, encara a Carlos e éste en un man a man co dianteiro resolve de espectacular parada.
M 79: libre directo que executa Quique, o balón vaise á dereita da portería do Ortigueira.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.