CADETES. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 0

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Cedeira 2 - Numancia 0. O Beco.Os cadetes sofren a primeira derrota da segunda volta.
Dous erros defensivos e unha autoexpulsión sentenciaron aos de Ares. 

 

Sábado, 13 de febreiro do 2010.
21ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
CEDEIRA, 2 – NUMANCIA, 0.
Alineacións:
CEDEIRA: Alejandro Álvarez, David (Bruno min. 76), Juan, Oscar (Gonzalo min. 79), Daniel Rodríguez, Alejandro Montero, Jorge (Javier García min. 41), Manuel, Javier Rodríguez, Fernando (Antonio min. 41) e Daniel Bellas.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro, Ángel, Martín (Xaime min. 41), Quique, Miguel López (Antonio min. 72), Ricardo (Juan min. 57), Javier (David min. 62), Edu e Brayan (Adrián min. 67).
GOLES:
1-0 min. 51 Javier Rodríguez.
2-0 min. 52 Javier Rodríguez.
COLEXIADO: Juan José Iñiguez Balseiro.
CARTÓNS:
Polo Cedeira viron cartón amarelo Alejandro Montero, Fernando e David Rodríguez (Adestrador) e polo Numancia veu cartón vermello Edu e cartón amarelo Juan.
COMENTARIO:
Primeira metade moi igualada e na que os aresás plantáronlle cara ao líder. Desde os minutos iniciais os locais, movendo con criterio o balón, apropiáronse da posesión do terreo e presionaron. Aínda que o Numancia non tardou en demostrar que non fora a Cedeira a poñerlles as cousas faciles. Aínda que non houbo un dominador claro e as ocasións de gol foron escasas, esta primeira metade estivo moi entretida, retirándose amboslos dous conxuntos aos vestiarios con empate a cero goles.
Na segunda metade o Cedeira, desde o asubío inicial, saleu a polo partido e nada máis comezar deu o primeiro aviso que Carlos desbarato de extraordinaria parada. Aos dez minutos de xogo dous erros defensivos dos aresás propiciaron os dous goles locais. E no minuto 58, Edu autoexpulsase, e dalle o tiro de graza aos de Ares. A partir de aquí monologo do Cedeira, con moi bo criterio durmiron o encontro e os de Ares dabondo fixeron por gardar os mobles.
Non queda máis que felicitar aos cedeirenses pola vitoria colleitada, moi importante de cara ao titulo de liga. Teñen un gran equipo, tocan moi ben o balón, é un conxunto ordenado, disciplinado e xogan con moito criterio. Por iso é un dos firmes candidatos ao titulo.
Felicitar tamén aos nosos, sabían que este era un rival complicado, deron a cara e estiveron á altura ata o que aconteceu na segunda metade. Hai que seguir traballando e sobre todo reflexionar e recapacitar sobre os erros que se cometeron para tratar de mellorar.
MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 11: saque de corner do Cedeira, e remate de cabeza de Javier Domínguez que detén Carlos.
M 13: pase en profundidade de Quique sobre Martín, intérnase na área pero o seu disparo sae desviado.
M 25: parede entre Edu e Brayan no bordo da área, disparo deste e detén Alejandro Álvarez.
M 35: libre directo sobre a meta aresá que sae rozando o pau.

2ª METADE:
M 41: saque de banda do Cedeira, balón ao área que chega a Alejandro Montero e disparo a bacaxarro que Carlos detén de espectacular parada.
M 48: centro de Edu ao área pequena do Cedeira que recolle Miguel López revólvese entre dous defensas pero o seu disparo sae frouxo, detendo Alejandro Álvarez sen problemas.
M 51: saque de corner do Cedeira ao primeiro pau, Carlos e Javier non se entenden e éste despexa frouxo. O balón cae nos pés de Javier Rodríguez que de forte disparo a media altura marca para os locais, 1 - 0.
M 52: centro pasado desde a liña de fondo, Javier Rodríguez libre de marca remata e gol para o Cedeira, 2 - 0.
M 78: centro desde o pico da área sobre a meta aresá, remata de cabeza Alejandro Montero pero o balón sae alto.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.