Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Galicia de Caranza, 4 - Numancia 4.
 
 

Cadetes. Galicia de Caranza, 4 - Numancia 4.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Galicia de Caranza 4 - Numancia 4. Caranza.Empate con sabor a vitoria.
Os aresás, ata en dúas ocasións, chegaron a ir por diante no marcador e mantiveron ao líder entre as cordas ata o asubío final.

 

Sábado, 16 de xaneiro do 2010.

17ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
GALICIA DE CARANZA, 4 – NUMANCIA, 4.
Alineacións:
GALICIA DE CARANZA: Antonio Iglesias, Brayan Garces, Ramón Rico (Boris Pico, min. 43), Faustino Menéndez, Pablo Romero, Jorge Díaz, Alejandro Durán, Pablo Pernas (Javier Pazos, min. 37), Roi Rey, Julen Franco e Felipe Coya.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Miguel Piñeiro (Roque, min. 77), Ángel, Quique, Miguel López, Martín (Antonio, min. 64), Ricardo (Adrián, min. 70), Brayan, Edu e David (Iván, min. 52).

COLEXIADO: Marco A. Calo Sobrado.

GOLES:
GALICIA DE CARANZA: Alejandro (3) e Faustino.
NUMANCIA: Edu (3) e Quique.

COMENTARIO:
Nunha boa mañá para a práctica do fútbol, na que nos repetou a choiva e o vento, púidose gozar dun extraordinario encontro en Caranza entre o equipo local, líder do campionato, e o Numancia. Os aresás presentábanse ao choque con catro infantís e recuperaban a Miguel Piñeiro, que retornaba ás filas do equipo do que estivera apartado, por lesión, dende o pasado 24 de outubro e ao que lle damos a benvida.
Nun encontro vibrante, no que a incerteza do resultado mantívose ata o asubío final, os aresás conseguiron arrincar un punto, o único, que cederon os ferrolás no seu feudo no que vai de campionato.
Aínda que o Galicia moveu mellor o esférico, estivo mellor colocado e impuxo un maior ritmo de xogo, os visitantes souberon e puideron aguantar os envites do rival e aproveitaron as ocasións para lograr un xusto e merecido empate. Que ben puido ser unha vitoria, pois os de Ares chegaron a ter dous goles de vantaxe no marcador, que noquearon ao rival, aínda que non foron quen de mantelos para dar o KO definitivo. Pero aínda así este punto sabe a vitoria.
Felicitación obrigada aos rapaces polo extraordinario traballo realizado. E como dixen noutras ocasións e aínda que me faga repetitivo “querendo, pódese, só hai que crer niso”. Noraboa.
Felicitar tamén ao Galicia e animarlles a seguir na mesma liña, teñen un gran equipo e queda moito campionato por diante. Ísto só foi unha pequena fochanca no camiño. Ánimo e seguide así.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
35 segundos: saque dende o círculo central do Galicia, roubo de balón de Martín que conduce pola banda, pase en profundidade a David que recorta centro ao área e Edu bate a Antonio, 0 - 1.
M 6: roubo de balón de Edu en mediocampo do rival, levase ao seu marcador, encara nun man a man ao gardameta que envía a corner. Saca dende o curruncho Martín e logo de varios rexeites o esférico cae no semicírculo da área, onde remata Quique de volea, pero marcha por encima do traveseiro.
M 14: xogada desafortunada para os aresás, balón despexado na área do Caranza que alcanza o círculo central, sen perigo aparente, Ángel e Pepe, ámbolos dous, van ao balón chocan e caen ao céspede, deixando o esférico morto nos pés de dous dianteiros ferrolás, conducen ata o área aresá e regatean a Carlos que nada pode facer para evitar o gol de Alejandro, 1 - 1.
M 17: disparo de Alejandro dende o pico da área que sae por encima do traveseiro da meta numantina.
M 21: balón colgado a área do Numancia que Pepe toca de cabeza poñendo nun aperto a Carlos que logra evitar o gol en propia meta, pero o seu despexe queda morto na área, Alejandro en carreira e a porta baleira só ten que empurrar o balón para establecer o 2 - 1.
M 28: pase en profundidade de Quique sobre Edu que alcanza a liña de fondo, centro atrás que remata Quique en carreira dende fóra da área, pero o seu disparo sae excesivamente alto.
M 31: xogada individual de Ángel que se interna en campo ferrolá, cede sobre Edu no semicírculo da área, éste leva a dous defensas e de forte disparo a media altura estable a igualada no marcador 2 - 2.

2ª METADE:
M 43: saque en longo de Carlos sobre terreo ferrolá, os defensas do Caranza non acertan a despexar o esférico e Edu mais listo rouballelo, encara a meta pero adiantase excesivamente o balón. Aínda que algo forzado, logra disparar, o gardameta local coa punta dos dedos consegue enviar a corner.
M 50: centro de Alejandro dende a liña de fondo que remata Julen segundo cae, pero o seu disparo sae desviado polo lateral da porta aresá.
M 55: disparo de Miguel López dende fóra da área que o gardameta do Caranza detén con bastantes atrancos.
M 61: pase en profundidade de Miguel López ao vértice da área local que recolle Edu, regatea ao seu marcador e de forte disparo a media altura bate a Antonio, 2 - 3.
M 64: disparo de Julen dende fóra da área que sae rozando a base do pau da meta aresá.
M 65: disparo de Felipe dende o pico da área do Numancia que sae por encima do traveseiro.
M 66: roubo de balón de Edu no círculo central que cede sobre Brayan, éste regatea a dous contrarios e conduce a área do Galicia, centro cruzado que remata Antonio pero o balón márchase fóra pegado ao pau da meta local.
M 68: Quique dende o bordo do circulo central saca unha falta que colga na área do Caranza, Brayan interponse na traxectoria do balón despista ao cancerbeiro local e o esférico cóase na portería, 2 - 4.
M 70: internada pola banda de Alejandro que leva á defensa aresá, alcanza a liña de fondo, intérnase na área e bate por baixo a Carlos 3 - 4.
M 72: nova internada de Alejandro pola banda dereita, pase da morte a área visitante que remata Faustino ao fondo das mallas 4 - 4.
M 78: pase en profundidade ao área do Numancia que recolle Javier, encara a Carlos que moi valente tírase aos pés do dianteiro ferrolá e detén o esférico.
M 80: disparo de Julen desde o pico da área que o gardameta aresá de espectacular estirada detén preto da base do pau.

Ou vindeiro sábado partido de rivalidade entre o Numancia e o Galicia de Mugardos en Prados Vellos. Esperamos a toda a afección numantina para animar aos rapaces.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.