Cadetes. Numancia, 10 - Narón, 0

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 10 - Narón 0. Prados VellosSuperioridade manifesta do Numancia que comeza o ano cun festival de goles. 

 

 

 Sábado, 2 de xaneiro do 2010.
15ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.


NUMANCIA, 10 – NARÓN, 0.


Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime (Roque min. 41), Adrián, Javi, Brayan, Ángel (Juan min. 41), Quique, Ricardo, Antonio, Edu e Miguel López (David min. 5).
NARÓN: Iván Casteleiro, Juan Vilasuso, Adrián González, José Fabregas, Ioao Daniel, Marlón Hernán, Miguel Amoros, David Rodríguez, Brais Rodríguez, David Rey (Noel Lozano min. 41) e Óscar Rodríguez (Marcos Serantes min. 29).
COLEXIADO: Juan Carlos Fernández Martínez.

COMENTARIO:
Primeiro partido do ano en Prados Vellos despois do parón ligueiro por mor das vacacións do Nadal. Nesta ocasión os aresás, que recibían ao Narón, saldaron a contenda cunha goleada. Contenda á que ambos conxuntos presentabanse con poucos efectivos. Aos poucos minutos de dar comezo o encontro Miguel López tivo que ser substituído logo de sufrir unha espectacular caída, desde aquí desexámoslle o mellor e que se recupere pronto. Tamén polo Narón, no minuto vintenove tivo que ser substituído Óscar Rodríguez e no sesenta e oito Brais Rodríguez, ambos por lesión, quedando os naroneses con dez xogadores a falta de doce minutos do final. A ambos tamén lles desexamos unha pronta recuperación.
A superioridade do equipo aresá fíxose patente dende os primeiros minutos, tiñan moi claro a que saían ao terreo de xogo e pronto puxeron terra depormedio no marcador. A pesares de perder a un efectivo moi importante nos minutos iniciais o conxunto soubo sobreporse e controlou o xogo ao longo dos oitenta minutos. Os goles temperáns deron moita tranquilidade aos aresás que souberon gardar o balón, xogalo con criterio e presionar en mediocampo ao rival cando éste tiña a posesión. Isto propiciolles moitos roubos de balón que aproveitaron ao contraataque para chegar con moito perigo á meta naronesa. Os contragolpes polas bandas e a velocidade de Edu, que trouxo de cabeza á defensa durante todo o encontro, foron a clave da vitoria.
O que máis hai que valorar do encontro e a actitude, as gañas de querer xogar. Os aresás sentíronse cómodos no terreo de xogo, saíron enchufados, e víuselles facer cousas que se botaron en falta, ou das que careceron, noutros encontros. Esperemos que a lección do encontro de hoxe lles valga para recapacitar e que se convenzan de que querendo, pódese, só hai que crer niso.


MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 6: penalti sobre David López, Edu executa a pena máxima e establece o 1 - 0 no marcador.
M 9: saque de banda de Javier sobre David, éste centra, Edu recolle leva a dous contrarios e bate a Iván por baixo, 2 - 0.
M 12: internada do Numancia pola banda esquerda que conduce Ángel, cede a Edu que se interna na área, regatea a un defensa e dispara, o balón é rexeitado por un defensor a corner. Quique saca dende o curruncho, Edu remata de cabeza e o balón estrelase no longueiro.
M 16: centro de David ao área pequena que recolle Edu, encara ao gardameta visitante, que moi valente, envía a corner de espectacular parada.
M 19: balón que recolle Oscar Rodríguez no pico da área, nun man a man co gardameta aresá, o seu disparo sae por enrriba do longueiro.
M 22: saque dende o curruncho do Narón, Carlos rexeita o esférico que cae nas botas de Brais, o seu disparo sae moi preto do longueiro.
M 26: internada de Ángel na área naronesa, deixa en curto sobre Edu, éste regatea a un defensor e bate a Iván de tiro cruzado, 3 - 0.
M 32: roubo de balón de David nos tres cuartos do campo naronés, colga o esférico ás costas da defensa, Edu controla, encara a Iván e báteo de disparo a media altura 4 - 0.
M 33: contraataque conducido por Ricardo pola banda dereita, cede en curto sobre David que pica o esférico ás costas do seu marcador para que controle Edu e bata de novo a Iván, 5 - 0.
M 38: saque de falta do Numancia dende o círculo central que controla Ángel cerca da área naronesa, o seu disparo golpea nun defensa. Os visitantes non acertan a despexar o balón e logo de varios rexeites este cae nos pés de Edu que de bolea establece o 6 - 0.
2ª METADE:
M 42: roubo de balón de Antonio en mediocampo, cede sobre Ricardo que o pon nos pés de Edu, cerca do pico da área, o seu forte disparo é desviado por Iván a corner. Quique saca dende o curruncho, Brayan remata de cabeza, pero o esférico sae rozando a base do pau.
M 45: centro do Numancia ao área que Edu controla e baixa co peito encarando ao gardameta naronés que moi valente tírase aos pés do dianteiro e consegue facerse co esférico.
M 47: libre directo que executa Quique cerca do semicírculo da área, o seu disparo é detido por Iván de espectacular parada, pero o balón queda morto na liña de gol, Edu, moi atento, e ante a pasividade dos defensas só ten que empuxala ao fondo das mallas, 7 - 0.
M 50: roubo de balón do Narón en mediocampo, cólgano ás costas dos defensas aresás, Brais controla pero o seu forte disparo vaise fóra moi preto da base do pau.
M 54: cesión de Adrián sobre Carlos, que se entretén excesivamente co balón, un dianteiro do Narón bótaselle enrriba, o despexe é rexeitado por éste e a punto está de coarse na meta aresá.
M 57: balón que gaña as costas da defensa aresá, controla Brais e faille unha bonita vaselina a Carlos, aínda que lle faltou algo de forza para coarse na porta.
M 60: bonita xogada de David no bordo da área do Narón que cede de tacón sobre Edu, éste de forte disparo volve bater a Iván, 8 - 0.
M 63: outra bonita xogada que conducen David e Edu pola banda esquerda, este último centra e Ricardo de disparo raso e axustado á base do pau bate a Iván, 9 - 0.
M 72: xogada individual de Brayan pola banda dereita, intérnase na área naronesa e logo de regatear a dous defensas bate a Iván de tiro cruzado, 10 - 0.
M 79: internada de Edu pola banda esquerda, alcanza a liña de fondo, sen ángulo de tiro dispara, o balón golpea no gardameta e estrélase na base do pau.


O vindeiro sábado recibimos en Prados Vellos a As Pontes, no que a priori se presenta como un gran encontro. Facemos unha chamada a todos os numantinos para que se acheguen a gozar de bo fútbol e animar aos rapaces. Vemonos o vindeiro sábado.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.