Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Numancia, 1 - Ortigueira, 2
 
 

Cadetes. Numancia, 1 - Ortigueira, 2

A falta de acerto do Numancia privao da vitoria.

Na primeira metade o Numancia deixou xogar ao contario e na segunda a mala sorte propicio que os tres puntos marchasen a Ortigueira.

 

 

Sábado, 5 de decembro do 2009.

12ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 1 – ORTIGUEIRA, 2.

Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Pepe, Ángel, Javi (Dani min. 52), Ricardo, Miguel López, Quique, Edu, Antonio (Adrián min. 41) e David.
ORTIGUEIRA: Iago, José Iglesias, Ignacio, José Campo, Pablo Yáñez, Adrián, Juan Real, Bruno (Pablo  Cainzos min 66), Rubén (Andrés min. 82), Edu (Álvaro min. 41, Carlos min. 71) e Cristián (Manuel min. 80).

COLEXIADO: Roberto José Landrove Sande.

CARTÓNS:
Recibiron cartón amarelo Juan Real e José A. Monteagudo (Delegado) e cartón vermello, Andrés Bello e Adolfo L. Pedre (Adestrador) polo Ortigueira.


COMENTARIO:
Na tarde do sábado o Numancia recibiu en Prados Vellos ao Ortigueira, na duodécima xornada do campionato de liga. Ambolos dous conxuntos encóntranse na parte media da táboa cos orteganos dous puntos por enriba dos de Ares.
Primeira metade intensa por parte dos dous conxuntos con bastantes chegadas a porta aínda que poucas ocasións manifestas de gol. As ganas de xogar o balón do Ortigueira foi moito maior que as do Numancia que estivo bastante atípico no seu xogo, cun centro do campo pedido que os orteganos aproveitaron, defensivamente tampouco estiveron para tirar foguetes e algunhas ocasións dos visitantes viñeron propiciadas por indecisións e falla de contundencia en defensa. A primeira metade finalizou con 0 - 1 a favor dos orteganos, un resultado xusto, non pola calidade de xogo senón pola maior gana e ímpeto que puxeron no terreo.
Na segunda metade o Numancia espertou do seu letargo "ese Numancia das segundas metades" e volveu xogar con esa intensidade á que xa nos ten afeitos nesta tempada, sendo superior ao seu rival e creando e chegando en moitas ocasións á meta ortegana. Pero a fortuna non se aliou cos aresás e as ocasións creadas non deron os seus froitos polo que viron como outros tres novos puntos marchaban de Prados Vellos. Ben é certo que moitas das ocasións non se materializaron porque as chegadas de Edu a porta eran case sempre ao contragolpe e só, faltáronlle moitas veces os apoios de Miguel, Ricardo e David.
Minuto 5, falta que colga Quique no punto de penalti, controla Edu e só ante o porteiro envía fóra.
Minuto 8, balón colgado do Ortigueira sobre o semicírculo da área, a defensa do Numancia nunha cadea de fallos sucesivos, non acerta a sacar o esférico que queda morto nas botas de Bruno, o seu disparo deteno Carlos con bastante dificultade.
Minuto 15, un novo fallo defensivo dos numantinos no rexeitamento do balón propicia que José Iglesia consiga o esférico encare a Carlos e bátao dun disparo a media altura, 0 - 1.
Minuto 18, pase en profundidade dende mediocampo ás costas da defensa ortegana, Edu consegue facerse co esférico regatea a dous defensas pero o seu disparo sae lixeiramente desviado á dereita do gardameta.
Minuto 21, xogada similar á anterior, nesta ocasión Edu trabucase co esférico e perde a ocasión de gol.
Minuto 31, unha indecisión de Ángel e Carlos no rexeitamento dun balón crea unha ocasión clara de gol para o Ortigueira.
Minuto 37, contraataque de Edu pola banda esquerda, alcanza a liña de fondo pero ao seu centro non chega Miguel López por moi pouco.
Minuto 43, rexeitamento da defensa numantina que golpea sobre un dianteiro ortegano, o balón cae aos pés de Rubén, que só ante Carlos incomprensiblemente envía o esférico por enriba do longueiro.
Minuto 44, Miguel López arranca de mediocampo e en xogada individual pola banda dereita alcanza a liña de fondo, o centro supera por alto ao gardameta e Edu libre de marca no segundo pau non ten mais que empurrar o balón ao fondo das mallas 1 - 1.
Minuto 52, corner a favor do Numancia que bota Quique, Edu no punto de penalti remata a pracer pero o balón marcha por enriba do longueiro.
Minuto 54, falta que bota Quique ao segundo pau, Edu controla pero o seu disparo forzado sae pegado ao pau.
Minuto 66, pase de Ángel a dereita de Edu que de espectacular cabalgada alcanza a liña de fondo, centro ao primeiro pau que remata Miguel López ao corpo do gardameta. O rexeitamento é rematado de cabeza por Ricardo ao longueiro e o novo rexeitamento é rematado outra vez por Miguel López que volve estrelalo no gardameta.
Minuto 68, contraataque pola banda dereita do Ortigueira, colgan o balón na área e de novo a defensa numantina ten problemas para sacalo. Queda nos pés dun dianteiro e Carlos na súa saída consegue desvialo a corner.
Minuto 74, contraataque de Edu pola banda esquerda, o seu centro paséase pola área visitante sen encontrar rematador. Recolle Miguel López na outra banda e sen apenas ángulo de tiro faille unha vaselina ao gardameta que se vai por moi pouco por enriba do longueiro.
Minuto 75, centro do Ortigueira dende a banda dereita ao pau longo e fallo incomprensible do dianteiro ortegano cando o porteiro do Numancia xa fora superado.
Minuto 78, José Iglesia executa un libre directo no lateral da área numantina, con pouco ángulo de tiro, pero unha mala colocación de Carlos propicia o segundo gol para os visitantes 1 - 2.
Minuto 83, falta que saca o Ortigueira no circulo central, Carlos está lixeiramente adiantado e con dificultade envía corner.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.