Cadetes. Numancia, 3 - Perlio, 2

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 3 - Perlio 2. Prados Vellos

 

Vitoria pelexada do Numancia.

 

 

Sábado, 28 de novembro do 2009.
11ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 3 – PERLIO, 2.

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Pepe, Adrián (Dani min. 64), Javi (Roque min. 68), Ricardo, Miguel López,  Quique, Edu, Antonio, e David.
PERLIO: Santiago, Iván, Alfredo, Diego, Rafael (Miguel min. 63), Edgar, Javier (Sergio min. 41), Alejandro, Adrián, Manuel (David min. 67) e Ángel.

COLEXIADO: David Sierra Ares.

CARTÓNS:
Recibiron cartón amarelo Edu e Adrián polo Numancia e Rafael polo Perlío.


COMENTARIO:
Disputado encontro entre o Numancia e o Perlio, con tres importantes puntos en xogo para ambos conxuntos, situados na parte media da táboa. Os numantinos presentábanse ao choque con trece xogadores. Ás baixas de Juan e Miguel Piñeiro por lesión e Brayan por sanción, houbo que engadir a de ultima hora de Ángel por indisposición na mesma mañá do encontro. E ao que desde aquí lle desexamos unha pronta recuperación.
O encontro comezaría cunha saída en tromba dos visitantes que nos primeiros minutos lograron chegar con moito perigo á meta aresá. A resposta dos de Ares con balóns ás costas dos defensa, para aproveita a velocidade dos dianteiros, non daba os seus froitos, o campo estaba demasiado rápido pola auga caída minutos antes e todos os balóns termiñaban nas mans do gardameta visitante. Pouco a pouco o Numancia foise asentando no terreo de xogo e sacudíndose a presión exercida polos visitantes, que xa non chegaban con tanta facilidade a portería. Aínda así sería o Perlio o que inauguraría o marcador, propiciado por un mal rexeite da defensa local. Aínda que pouco lles durou a alegría, pois dous minutos máis tarde chegaría a igualada. A partir do empate os aresáns mellor colocados no campo e movendo mellor o balón controlarían o xogo ata o descanso, ao que se irían aos vestiarios cunha vantaxe de 2 - 1.
O comezo da segunda metade foi similar á primeira, o Perlio volveuse a envorcar de novo sobre a meta aresá creando dúas ocasións consecutivas de gol. A replica dos numantinos viría da cabeza de Antonio que estrelaría un balón no traveseiro. Tres minutos máis tarde á saída dun corner a pasividade da defensa numantina propiciaría o gol da igualada. Foi o que durou o Perlio no terreo de xogo, a mellor colocación, o mellor dominio do balón e a garra que puxeron os aresás propicio que fosen os claros dominadores ata o asubío final.
Minuto 4, contraataque pola banda dereita do Perlio, penetran na área, o gardameta aresano queda a media saída e o disparo cruzado sae axustado ao pau.
Minuto 15, saque de banda do Perlio, o remate a porta colle despistada á defensa aresá e Carlos envía a corner con apuros.
Minuto 16, chegaría a primeira xogada de perigo do Numancia. Despexe da defensa aresá que recolle Edu en mediocampo. De espectacular cabalgada deixa atrás aos defensas e plántase na área nun man a man con Santiago que detén de espectacular parada.
Minuto 18, saque de banda do Perlio, colgan o balón na área, a defensa aresá, pouco contundente no despexe, deixa o esférico nos pés de Manuel que de vaselina bate a Carlos, 0 - 1.
Minuto 20, roubo de balón de Edu nos tres cuartos, regatea ao seu marcador, internase na área e de forte disparo bate a Santiago 1 - 1.
Minuto 35, pase en profundidade de Quique sobre Edu, que de novo demostra a súa calidade desfacéndose de catro contrarios. Tira a porta, Santiago toca en primeira instancia, e o balón cae morto nos pés de Miguel López que marca a porta baleira, 2 - 1.
Minuto 40, balón colgado ás costas da defensa aresana que recolle Iván, encara a Carlos que aguanta a saída, o disparo cruzado sae axustado ao pau.
Minuto 47, contraataque do Perlio que inician no seu campo, gañan as costas dos defensas locais pero o forte disparo é detido por Carlos nunha extraordinaria parada.
Minuto 57, corner a favor do Numancia que Antonio estrela no traveseiro.
Minuto 60, corner a favor do Perlio que remata Manuel ante a pasividade da defensa local 2 - 2.
Minuto 72, corner a favor dos aresás que despexa a defensa, o esférico recólleo Miguel López que estrela o seu disparo na faciana dun defensa, cando o esférico coábase na meta visitante.
Minuto 75, libre directo que executa Quique e detén Santiago de gran parada.
Minuto 77, xogada persoal de Miguel López que arrinca desde mediocampo, leva ao seu marcador, o seu disparo desde fóra da área toca lixeiramente nun defensa, despista ao porteiro e cóase en portería, 3 - 2.
Ao final do encontro o adestrador do Numancia manifestaba a súa delicia pola vitoria acadada: “A pesar de contar hoxe con baixas importantes, o equipo tirou de oficio e carácter para sacar adiante un encontro que a priori se presentaba difícil. Esta é a actitude que quero que teñan en todo momento. Nesta tempada xa deixamos escapar demasiados puntos precisamente por esta causa”.
Queremos aproveitar tamén para agradecer a asistencia dos aleccionad@s que cada fin de semana achegarse a Prados Vellos a animar aos rapaces, e que unha vez máis foron numerosos, a pesares da fría tarde que fixo.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.