Cadetes:G. Mugardos,1 - Numancia, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. G. Mugardos, 1 - Numancia, 0Derbi aburrido.

 

Sábado, 24 de outubro do 2009.

Xornada 5, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
GALICIA DE MUGARDOS, 1 - NUMANCIA, 0.

Alineacións:
GALICIA DE MUGARDOS: David, Juan, Mateo (Remus, min 65), Adrián, Alejandro (Pita, min 11), Iván, Diego (Guillermo, min 70), Álvaro, Borja, Andrés e Rubén.
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Adrián (Dani Cartelle, min 70), Brayan, Juan (Pepe, min 41), Ángel, Miguel Piñeiro (Roque, min 70), Miguel López, Edu, Javi (David, min 41), e Antonio (Ricardo, min 59).

COLEXIADO: Roberto José Landrove Sande.

TARXETAS:
Recibiron cartóns amarelos Ángel, Dani Cartelle e Dani Iglesias (adestrador) polo Numancia.

COMENTARIO:
Encontro aburrido, sobre todo na primeira metade, o que ofreceron no derbi o Galicia de Mugardos e o Numancia en A Pedreira. Cun xogo soso e sen xeito, a base de pelotazos, e incapaces de dar máis de tres pases seguidos, só destacou a calidade individual dalgúns xogadores que puxeron algo de sal e pementa no encontro.
Aínda que o Numancia buscou, creou e chegou en moitas máis ocasións que os mugardeses, sobre todo na segunda metade, non tiveron a sorte de cara á porta, e con este van dous encontros nos que os de Ares non atopan meta. En cambio ao Galicia abóndoulle unha das poucas ocasións do gol das que gozou para facerse cos tres puntos.
A primeira metade poucas cousas ofreceu. Destacar no minuto 14 un saque en longo de Carlos que alcanza a área local sorprendendo a todos. Edu consegue facerse co esférico, solo ante o gardameta, supérao de vaselina e o balón paséase polo longueiro. No minuto 28 clarísimo penalti sobre Miguel López que o colexiado non senala. No minuto 37 chegaría o gol do Mugardos, perdida de balón do Numancia en mediocampo, pase en profundidade que gaña as costas da defensa aresá, o disparo a porta o rexeita Carlos en primeira instancia e é aproveitado por Pita para marcar a porta baleira.
A segunda metade estivo algo máis entretida que a primeira, non polo xogo despregado, que máis ben foi de calidade individual que de conxunto, senón polas innumerables ocasións de gol erradas polos aresás. O máis destacable desta segunda metade foi un novo disparo ao pau de Edu no minuto 57. E as boas ocasións das que gozaría nos minutos 55 e 70 con disparos que saíron moi axustados aos paus e outra no minuto 60 que saíu lixeiramente desviada. Tamén gozou de boas ocasións Miguel López nos minutos 52 e 65 pero os seus disparos sairían lixeiramente desviados. A máis clara tívoa no minuto 59 nun man a man con David que estivo moi valente tirándose aos pés do dianteiro.
En resumo partido moi malo e aburrido, e do que se esperaba algo máis, onde o Numancia pouco ofreceu por no decir nada, cun equipo apático, impreciso e sen ideas, incapaz de enlazar unha xogada. Demasiados patadóns sen sentido e excesivo abuso de balóns en profundidade sobre os dianteiros en lugar de tratar de xogar a pelota. Si nestes encontros deixamos os puntos polo camiño, acabarán pasándonos factura.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.