Inicio Noticias Cadetes CADETES: NUMANCIA, 5 - O VAL, 5 (P. 7 - 6)
 
 

CADETES: NUMANCIA, 5 - O VAL, 5 (P. 7 - 6)

ESPECTACULAR: GOLES, ALTERNATIVAS, PENALTIS, ... EMOCIÓN TOTAL.

Partido épico para os rapaces aresáns con resultado final feliz na quenda de penaltis. CAMPIÓNS DA AFACO.
Ares, 4 de xuño de 2017.
Marco óptimo para a celebración en Prados Vellos da final do Torneo AFACO 2017 da categoría cadete: a bancada da marea vermella animosa e fervorosa nun día con excelente temperatura. Ambiente cordial entre todos.
 
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Emi (Nacho); Alberto (Fran) (Naim), Jaime, Chaparro, Migui; Mario Martínez, Dani, Juan (Manuel), Mario García; Martín e Iván.
Adestrador: Juan Alberto Rodríguez Sanjosé.
Delegado: José R. Hermida Varela.
 
O VAL: Iván; Lucas, Alexandre (Daniel), Óscar, Joel, Adrián (Alejandro), Aarón (Ignacio), Marcos, Romero e Elías.
Adestrador: Ángel Mahía Rodríguez.
Delegado: Alberto Morales Rodríguez
 
ÁRBITRO: Roberto Díaz Cruz. Cartóns amarelos para Jorge Chaparro e Emilio no Numancia; e para Joel, no Val.
 
GOLES:                                                                                     
1 – 0 (m. 6): Mario.
1 – 1 (m. 33): Elías.
2 – 1 (m. 35): Iván.
2 – 2 (m. 36): Adrián Romero.
2 – 3 (m. 38): Adrián Romero.
3 – 3 (m. 39): Jaime.
4 – 3 (m. 47): Iván.
4 – 4 (m. 54): Marcos.
4 – 5 (m. 65): Borja.
5 – 5 (m. 79): Iván.
 
COMENTARIO: Comezaba o partido con intensidade, trasladándose o clima das bancadas ao céspede onde a actitude de entrega total dos xogadores era a que se agarda destes partidos. Así, vimos como aos dous minutos o árbitro amoestaba a Chaparro por unha clara man cortando o balón, pero que serviu para irritar aos siareiros locais. Nestes primeiros minutos xa se observaba que as dianteiras dos dous equipos ían dar que falar: rapidez, verticalidade, caneos e gol.  Aprópiome da frase dun valexo para resumir o partido: son dous equipos espello.
E non tardou o primeiro gol pois aos seis minutos Mario García inauguraba o marcador dunha tarde xenerosa en ocasións e en goles. O Numancia buscaba balóns as costas da defensa do Val lanzando balóns para Iván e Martín e case sempre os encontraba. Fútbol directo e de calidade con pases aos espazos baleiros e desmarques intelixentes. Claro que o Val tamén sabía utilizar esas armas e o partido era un continuo choque. Final intensa e vistosa.
O que non esperabamos eran eses últimos minutos da primeira parte, con cinco goles en seis minutos. Nin nos mellores soños. A un gol do Val, respondía o Numancia con outro. Ata tivemos a oportunidade de deleitarnos cun deses goles históricos cando Jaime sorprendeu ao porteiro cun lanzamento desde o medio do campo. Espectacular.                           
E a segunda parte seguiu coa mesma dinámica. Alternativas no marcador e incertidume ata o último minuto. Evidentemente, o cansazo foise notando nos rapaces pero o partido non decaeu. Puido o Val sentenciar o marcador en dúas claras ocasións diante de Emilio pero non foron quen de superar ao noso gardameta. E o empate no último minuto de Iván levounos á quenda de penaltis na que se repetiu a igualdade. Nesta lotaría o Numancia sacou premio aproveitándose do erro dun xogador valexo que lanzou fóra o último penalti. 
 
Alegría desbordante entre todos os compoñentes do Numancia: xogadores, técnico, delegados, familias, directiva e unha marabillosa afección que empurrou durante todo o partido, animando sen tregua ata a final.
O dito: espectáculo futbolístico en Prados Vellos de alta magnitude. Parabéns a todos por este magnífico broche a unha temporada dura.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.