Inicio Noticias Cadetes CADETES. PREVIA FINAL AFACO NUMANCIA - O VAL
 
 

CADETES. PREVIA FINAL AFACO NUMANCIA - O VAL

JUAN ALBERTO: “BUSCAMOS NOVAS MOTIVACIÓNS”

Gran temporada para os cadetes do Numancia que remata este sábado, 3 de xuño, ás 18.00 h.disputando a final da Copa AFACO ante un Val que parte coma favorito. Que suba a marea vermella e inunde as bancadas de Prados Vellos.

Ares, 1 de xuño de 2017

Cando alá polo mes de agosto comezaban os adestramentos dos cadetes aresáns, a preocupación era máxima pois todos eramos conscientes da dificultade de afrontar tantos meses con tan poucos nenos. 

Jorge, Iván, Manuel, Dani, Mario García, Alberto, Josema, Cristian, Mario Martínez, Jaime, Fran, Martín, Emi e Juan. 14 campións. E con eles, o seu delegado, José Antonio Martínez e o seu adestrador, Juan Alberto. Como poderemos ler máis abaixo, o compromiso que demostraron estes campións é loable. E por suposto, o labor do seu adestrador, Juan Alberto. Regresaba ao Numancia e tocáballe a categoría con máis dificultades, pero a súa ilusión e entrega contaxiou aos rapaces e soubo motivalos para completar unha magnífica temporada. ADR Numancia de Ares. Trofeos Torneo AFACO de Cadetes 2016-2017.

Esta é a súa valoración ante esta final da Copa AFACO:

“ O partido deste sábado constitúe un premio final a unha temporada na que fomos capaces de manter a intensidade no traballo. Non baixamos os brazos pese ás dificultades de ter un plantel tan curto, onde o compromiso co equipo foi sempre una prioridade máxima. Superamos a decepción de non poder acceder ao grupo primeiro na fase inicial. Buscamos novas motivacións a través da evolución no debuxo e no xogo, que foi mellorando conforme avanzaba a tempada.  E agora na copa AFACO destacando sobre todo na capacidade de competir.

Pois todo este sacrificio e traballo desde o día 11 de agosto que empezamos e tras 134 xornadas entre adestramentos e partidos ten o seu froito .

Noraboa rapaces, a pola COPA!!

Finalmente, teño que citar un recoñecemento especial para os infantís que nos acompañaron durante este ano en moitos adestramentos.”

Como diciamos na entradiña, este sábado ten que subir a MAREA VERMELLA a Prados Vellos para animar a estes campións. 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.