Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Rápido Neda, 0 - Numancia, 3
 
 

Cadetes. Rápido Neda, 0 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Cadetes. Amistoso en Neda. Rápido de Neda 0 - Numancia 3Ultima posta a punto dos cadetes.


Sábado, 12 de setembro de 2009

Encontro de pretempada, categoría cadete.
NEDA, 0 - NUMANCIA, 3.

Alineacións:
NEDA: Jorge, Loureiro, Borja, Mariño, Alejandra, Victor, Javi, Álvaro, Fran, Oscar, Bruno, Victor, Ledo, Brais, Alex, Jorgito, Alem.
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Brayan, Adrián, Juan, Ángel, Piñeiro, Javi, Edu, Pepe, Antonio, Roque, Cartelle e Ricardo.

COMENTARIO:
O sábado enfrontáronse no Municipal de Neda o R. de Neda e o Numancia na categoría de cadetes. Este encontro de pretempada foi ultima posta a punto do equipo numantino de cara ao campionato de liga que dará comezo a próxima fin de semana e no que os aresáns reciben ao Aspirantes en Prados Vellos.
Os de Ares deixaron unha moi boa impresión neste encontro, pois dende os minutos iniciais fixeronse co control do terreo de xogo. Froito diso aos oito minutos unha indecisión do gardameta local e a súa defensa propicio o primeiro gol para o Numancia por medio de Antonio, que moi hábil no punto de penalti aproveitou o erro local.
No minuto quince un pase medido de Antonio entre os defensas é aproveitado por Edu para bater por baixo ao gardameta e establecer o 0 – 2.
No minuto trinta e seis, Edu, que foi un pesadelo constante para a defensa nedense ata que foi substituído no minuto sesenta, volvería ser o que marcaría o terceiro gol para os de Ares. Nesta ocasión en xogada individual, despois dunha impresionante cabalgada pola banda esquerda, deixa atrás toda a defensa e plántase solo ante o gardameta ao que bate de forte disparo a media altura e axustado ao pau.
O acoso e o asedio do equipo aresán á meta local sería a tónica en toda a primeira metade, con numerosas ocasións de gol desaproveitadas.
Na segunda metade, os primeiros vinte minutos foron de corte similar á primeira metade, pero o cansazo fixo mella nos xogadores aresáns. Os nedenses, con máis efectivos no seu banco permiteulles manter o equipo máis fresco, e tiveron os seus mellores minutos de xogo, e aínda que crearon algunhas ocasións de gol ningunha delas subiría ao marcador.
Finalizado o encontro preguntámoslle a Fran (adestrador), e primeiro ano co equipo, ¿que conclusións sacaches despois destes últimos encontros amigables?: estou moi contento e ilusionado co traballo dos xogadores, estiveron moi ben durante toda a pretempada e cunha aptitude loitadora. Pouco a pouco imos alcanzando obxectivos, e aínda que queda moito traballo e moito camiño por percorrer estou convencido que imos facer un bó papel. A única pega que vexo é a falta de plantilla, pero son optimista e creo que se traballamos duro e facemos as cousas ben podemos dar boas tardes de fútbol.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.