Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - O FREIXO, 1
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - O FREIXO, 1

TRIGOLEADOR IVÁN DRAGOEVICH

Oito goles en tres partidos levan a Iván aos postos altos da táboa de goleadores.

Ares, 26 de setembro de 2016.

ADR NUmancia de Ares. Cadetes 2016-2017. Numancia, 3 - O Freixo, 1. Oito goles en tres partidos levan a Iván aos postos altos da táboa de goleadores.O sábado pasado disputouse en Prados Vellos a cuarta xornada da 1ª fase do grupo A de Ferrol, categoría cadete.

A continuación ofrecemos o comentario de Josema, xogador do Numancia:

" Na tarde do sábado comezaba este partido ao que ambos conxuntos chegaban con sortes dispares, xa que o equipo local colleitara un empate a domicilio ante o Ánimas (3-3) e a derrota en casa do equipo do Freixo (0-5) ante o Rácing San Pedro.

O partido comezou cómodo para o Numancia, de feito, os primeiros 10 minutos foron de total dominio do balón, con moita posesión. O primeiro gol da man de Iván non tardaría en chegar. A partir do gol, O Freixo comezou a presionar á portería do Numancia con varios achegamentos baseados na busca do xogo por bandas. Coa vitoria do conxunto local por 1-0 chegábase ao final do primeiro parcial.

Tras o tempo de descanso, o equipo numantino comezou a mellorar o xogo, pero non foi de maneira moi notable. O gol chegou a base dunha contra dun saque de banda, que colleu desprevidos ós xogadores do Freixo, e resolveuse coa segunda diana de Iván. Xa cara ao minuto 65, Iván pechou a conta anotadora do Numancia no partido. Nun balón na zona de tres cuartos do campo, cara ó final do partido, David Veiga anotou o gol do Freixo; Chapy, o gardamallas numantino pouco puido facer por evitar o tanto".

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.