Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 3
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 3

VITORIA DO MUGARDOS NO "VILA DE ARES"

Un Numancia con doses de calidade non soubo amarrar o resultado, acabando un tanto desorganizado.

Ares, 26 de agosto de 2016.

A cuarta edición do torneo “Vila de Ares”, organizado polo Numancia en colaboración co concello de Ares, ofreceunos un interesante partido, con goles e emoción ata o final. Boa asistencia de público en Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.

Este segundo partido da pretemporada serviulle ao Juan Alberto para seguir probando xogadores en distintas posicións e ir valorando as posibilidades de cada rapaz. E o equipo aresán vai progresando.

Os xogadores utilizados foron: Chapi, Cristian, Jaime, Fran Romaus, Josema, Dani, Mario Martínez,Martín Saavedra, Iván, Manuel e Mario García. Tamén xogaron os infantís Nacho, Migui, Martín Rodríguez e Pablo Cartelle.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.

Unha primeira parte con alternativas no xogo e ocasións de gol para os dous equipos rematou con mínima vantaxe para os locais.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.

Na segunda parte parecía que o Numancia se faría coa vitoria, sobre todo co segundo gol no marcador pero o Mugardos remontou o 2 – 0 en contra, e conseguiu a vitoria por 2 – 3.

Ao remate do partido, o concelleiro de deportes aresán, Geno Fernández, entregou os correspondentes trofeos.

 ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.  ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. V Trofeo Vila de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.