CADETES. PRESENTACIÓN IV TROFEO VILA DE ARES.
CLÁSICO NUMANCIA –G. MUGARDOS
Mañá pola tarde, ás 18.30 h. reedítase unha nova edición do trofeo organizado polo Numancia e no que colabora o concello de Ares.
Ares, 25 de agosto de 2016.
Seguen os partidos de adestramento e aos cadetes do Numancia chégalles un partido de rivalidade no que intentarán corrixir erros cometidos no partido anterior, principalmente no desenvolvemento das tarefas defensivas do medio campo.
A convocatoria de Juan Alberto é a seguinte:
Chapi, Nacho, Jaime, Fran, Josema, Dani, Mario Martínez, Cristian, Mario García, Manuel, Iván, Martín Saavedra, Pablo, Migui e Martín Rodríguez.
O acto de presentación deste trofeo realizouse onte pola mañá no salón de actos da Alianza Aresá, estando presentes representantes do concello de Ares e directivos do Numancia.