CADETES. NUMANCIA - CIUDAD JARDÍN
ESTREA DE JUAN ALBERTO COS CADETES
Primeiro partido da pretemporada do Numancia cadete, mañá sábado 20 de agosto, ás 10.15 h. en Prados Vellos, ante o Ciudad Jardín, equipo coruñés do barrio do Agra do Orzán.
Ares, 19 de agosto de 2016.
Os cadetes de Ares, que levan adestrando duramente desde a semana pasada dirixidos por Juan Alberto, un técnico que retoma a competición despois dun breve parón, con moitísima ilusión e gañas, saltarán mañá ao céspede de Prados Vellos onde disputarán o seu primeiro partido amigable da temporada.
Para o partido de mañá a convocatoria é a seguinte:
Jorge Chaparro, Jaime, Josema, Fran Romaus, Manuel, Martín Saavedra, Dani, Mario Martínez, Mario García e Iván. Completan esta lista os infantís Nacho, Martín, Pablo Cartelle e Migui Oliveira.
Come se pode comprobar, un plantel moi xusto que deberá afrontar unha nova temporada na que o obxectivo seguirá sendo a mellora e progresión individual, a partir do compromiso e responsabilidade, base da conduta que se lle supón a calquera deportista.