CADETES. NUMANCIA, 1 - NARÓN, 1 (2 - 4 p.)

O TRAVESEIRO IMPEDIU A VITORIA DOS CADETES

Martín igualou o partido acabando a primeira parte e Carlos estrelou o seu disparo no traveseiro a falta de 8 m. Despois os penaltis déronlle o pase ao Narón.

 

Ares, 30 de decembro de 2015.

Na tarde de onte celebrouse no campo da Gándara o partido de semifinais da Copa Coca-Cola, delegación ferrolá, entre o campión do grupo 1 da primeira fase de liga, o Narón, e o segundo clasificado do grupo 2, o Numancia. 

O equipo de Ares, adestrado por Álex González saíu co seguinte once:

Álvaro, Carlos, Lemos, Raúl, Jaime, Vascós, Dani, Fran Anido, Cavezza, Feal e Martín. Na segunda parte foron entrando o resto de convocados: Saavedra, Cristian, Diego, Manu e Jorge.

Comezou o partido cunha forte presión do equipo naronés que non permitía saír do seu campo ao Numancia e froito desta insistencia foi o gol conseguido tras un remate de cabeza dentro da área, aos 5 m.

Porén, os aresáns espertaron e comezaron a chegar á portería do cancerbeiro naronés, presionando aos defensas cando buscaban saír xogando desde atrás ou buscando balóns longos coa intención de aproveitar a velocidade dos nosos dianteiros. 

Así foi como no m. 34, Martín aproveitou un balón rexeitado polo porteiro e colocou o balón dentro da portería. Empate xusto co que finalizou a primeira parte.

Ns segundos corenta minutos non se moveu o marcador, aínda que houbo oportunidades para que subise o segundo gol. Constatouse un maior dominio do equipo aresán e foi mágoa ese gran lanzamento de Carlos que bateu contra o traveseiro.

En definitiva, un partido moi disputado entre os dous equipos que se resolveu co lanzamento de penaltis, onde estiveron máis acertados os naroneses, materializando catro goles fronte a dous dos aresáns. Por tanto, o Narón conseguiu o pase á final deste Torneo Coca-Cola que se disputará esta tarde na Gándara.

Para o Numancia quedará a impresión de que disputando e pelexando os partidos poderán chegar as vitorias, mesmo fronte aos equipos favoritos. 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.