Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 – G. CARANZA “B”, 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 – G. CARANZA “B”, 2.

OS ERROS PUNTUAIS SENTENZAN OS DE ARES.

Partido correspondente a 5ª xornada de liga (1ª fase) cadete, grupo B disputado na tarde do pasado sábado 10 de outubro, ás 16:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 1 – 0.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Jorge (Álvaro), Diego (Iván), Jaime, Raúl (C), Lemos, Dani, Pablo Cavezza, Pablo Vascós, Alex Feal (Manu), Alex Saavedra (Martín) e Fran (Josema).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

G. CARANZA “B”: Ángel (Iván), Roberto (C), Iván, Sergio, Juan, Alejandro, Álvaro España (Marcos), Brais (Samuel), Álvaro Tenreiro (Alejandro), Víctor (Daniel) e Martín.

Adestrador: Ismael Pedreiro Díaz.

Delegado: Francisco Insua Beade.

ARBITRO: Miguel A. Piñón López. Amosoulle cartón amarelo os locais Raúl, Fran e Jaime. Polos visitantes viuno Víctor.

Desde o inicio do partido o Numancia tivo que traballar moito para poder defenderse dos ataques do Caranza que se presentaba coa idea clara de tratar de xogar o balón. Ante isto o equipo local defendeuse con uñas e dentes; realizando moitas axudas en defensa e tratando de saír rápido á contra e conseguir facer dano ao equipo visitante. Durante a primeira parte apenas houbo ocasións claras de gol. Aínda que nunha delas o centrocampista local Pablo Vascós logrou sorprender ao porteiro rival cun forte e axustado disparo desde media distancia. Co resultado de 1 - 0 chegouse ao descanso.

Tras a reanudación o guión seguiu sendo o mesmo un Numancia moi sacrificado saíndo rápido e un Caranza tratando de combinar. Os minutos pasaban e o resultado seguía sen moverse. Comezaron os cambios e con eles o partido parecía chegar ao final co resultado de 1 - 0; pero a falta de 10 minutos unha internada por banda dereita terminou en gol do equipo visitante. Con iso o Numancia veu abaixo; todo o contrario que o seu rival quen seguiu con máis ganas se cabe para levar os tres puntos. E conseguiuno tras un fallo á hora de desfacerse do balón no medio do campo, montando unha contra que culminaron materializando o definitivo 1 - 2.

En definitiva, moito traballo defensivo que non serviu de nada polos fallos puntuais.

O próximo fin de semana os cadetes do Numancia viaxarán ata terras orteganas onde xogarán a domicilio fronte o CD Cariño.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 



Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.