Inicio Noticias Cadetes CADETES: AMISTADE MEIRAS, 2 – NUMANCIA, 4.
 
 

CADETES: AMISTADE MEIRAS, 2 – NUMANCIA, 4.

RESULTADO XUSTO TRAS UN PARTIDO SERIO.

Partido correspondente á 4ª xornada da Primeira Fase da Primeira Autonómica cadete, Grupo B. Xogado na tarde do venres 2 de outubro en Atios (Valdoviño), ás 19:40 h.
 


FICHA TECNICA

EFB AMISTADE MEIRAS: Meidan, Ignacio (Pablo), Dani Robles, Raúl, Alejandro (C) (Jonathan), Christian, Dani Prieto, Noel, Lino (Juan), Eric e Hector.

Adestrador: Daniel Martínez Prieto

2º adestrador: Rubén Neira Fernández.

Delegado: Vicente Castro Tembras.

NUMANCIA DE ARES: Álvaro, Cristian (Jose Carlos), Jaime (Josema), Raúl Anido (C), Lemos, Dani (Martín), P. Cavezza, Fran, Alex Feal (Iván), A. Saavedra (Jorge) e P. Vascos

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

ARBITRO: Juan Carlos Blanco García. Amosoulle cartón amarelo a Eric polo equipo local. E polo Numancia viuno Álvaro.

GOLES:

Amistade Meirás: Dani Prieto e Pablo.

Numancia: Alex Feal (2), A. Saavedra e P. Cavezza.

COMENTARIO

Saíron ambos equipos para impoñerse desde o principio. E iso foi o que lograron os xogadores aresanos, que desde o asubío inicial tomaron o mando do partido, adaptándose moi ben ás pequenas dimensións do campo de Atios. Froito diso comezaron a chegar as primeiras ocasións. Pero unhas veces as boas intervencións do gardameta local e outras os disparos por fóra dos tres paus impedían aos de Ares adiantarse no marcador. Non foi ata o minuto 13, cando o Numancia defendía un saque de esquina, do que xorde unha contra rápida e moi ben levada que finaliza co gol de Alex Feal. Pouco duraría a alegría xa que tras o saque do centro do campo o Amistade empataba o encontro cunha xogada moi rápida por banda esquerda e que culminaba Dani Prieto.

O xogo seguía a estar controlado polo Numancia e froito do seu dominio chegaría no minuto 31 o 1 - 2 tras un pase ao espazo de Fran sobre A. Saavedra quen define fronte ao porteiro. Con este resultado de 1 - 2 chegábase ao descanso.

Na segunda metade o Numancia saíu decidido a sentenciar o partido e iso fixo no primeiro minuto co gol de P. Cavezza quen remataba un bo centro de Fran dende a dereita. Tras o gol os aresanos non se conformaron e no minuto 48 Alex Feal marcaba o segundo na súa conta particular tras un pase ás costas da defensa de Fran, quen estivo moi activo durante todo o encontro. Co 1 - 4 chegaron os cambios e con eles o Numancia perdeu algo o control do partido, logrando o Amistade varias ocasións salvadas por Álvaro. Aínda que no minuto 62 non foi quen de evitar o gol de Pablo á saída dun rápido saque de esquina e que significaba o 2 - 4 co que se chegaría ao final.

O próximo fin de semana os cadetes do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Galicia de Caranza “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.