CADETES. TROFEO VILA DE ARES: NUMANCIA, 6 - G. MUGARDOS, 1
GOLEADA EN CADETES
O trofeo de campión quedou na casa nesta terceira edición do clásico “Vila de Ares”.
Nada máis rematar o partido de infantís, celebrouse o correspondente enfrontamento entre o Numancia e o G. Mugardos de cadetes, disputando o III Trofeo “Vila de Ares”, organizado polo Numancia en colaboración co concello de Ares.
Ares, 4 de setembro de 2015.
No banquiño do Numancia e por mor da ausencia do seu preparador Álex González, estivo o técnico do primeiro equipo, Marcos Amor.
Se os infantís tiveron que pelexar ata o final, na categoría de cadetes foi outra historia. Aquí si houbo máis diferenza entre as dúas formacións, tal e como reflicte o marcador. Continuas chegadas dos dianteiros aresáns que desbordaban ao equipo mugardés evidenciaron unha notoria superioridade do Numancia. A teor do visto neste partido, e aínda que faltaban varios xogadores nas ringleiras locais, hai un plantel equilibrado e suficiente como para afrontar a temporada con ilusións.
Ao remate do partido, os concelleiros aresáns José Juan Vilar Rico e Marta Seijas Díaz entregaron os correspondentes trofeos.
FICHA TECNICA:
NUMANCIA: Jorge, Jaime, Fran, Raúl, Lemos (C), Pablo Vascos, P. Cavezza, Dani, Alex Feal, Fran Anido e Alex Saavedra. Tamén interviron no encontró Josema, Álvaro, Cristian e Diego.
Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
G. MUGARDOS: Diego, Daniel, Jeremías, Alba, Jonathan, Fran, Raúl, Mauro, Adrián, Miguel (C) e Álvaro. Tamén interviron no encontró Borja, Brais e Rafael.
Adestrador: Antonio Martínez Fernández.
2º adestrador: Francisco José López López.
Delegado: Jorge García Dieste.
ARBITRO: José Priegue Leis. Amosoulle cartón amárelo a Fran do Numancia.
GOLES:
1 - 0: ALEX FEAL (min. 4), balón en longo de Alex Saavedra sobre Alex Feal que gaña as costas dos defensas para picar o balón por enriba do porteiro.
2 - 0: ALEX FEAL (min. 23), xogada persoal de Alex pola esquerda, intérnase na área driblando a dous defensas para marcar de disparo axustado ao primeiro pau.
3 - 0: CRISTIAN (min. 28), centro de Alex Saavedra dende o lateral esquerdo da área pequena para a entrada de Cristian quen botándose ao chan adiantase á saída do porteiro e á chegada de Álvaro.
3 - 1: RAUL (min. 29), cambio de orientación dende o medio do campo de Fran cara á banda dereita por onde entra Raúl con velocidade adiantándose á defensa local para marcar.
4 - 1: FRAN ANIDO (min. 55), pase en longo para a entrada de Fran que pica o balón ante a saída do porteiro.
5 - 1: RAUL (min. 62), saque de esquina que remata Raúl dentro da área pequena.
6 - 1: P. CAVEZZA (min. 68), balón en longo por banda dereita para Alex Saavedra, centro deste ao punto de penalti que remata Alex Feal contra a defensa, o balón rexeitado chégalle a Cavezza quen marca de disparo raso.