CADETES. PLAN COMPETICIONAL FERROL 2015-16

G. MUGARDOS, RIVAL DO NUMANCIA EN CADETES.

O 13 de setembro comeza a primeira fase da liga cadete coa participación de 23 clubs, divididos en 2 grupos.
 
 
 
Ares, 1 de agosto de 2015
 
Na categoría cadete a competición queda así:
 
1. Na primeira fase fórmanse dous grupos, 12 equipos no grupo 1º e 11 equipos no 2º. Comezarán o 13 de setembro e terminan o 22 de novembro.
 
2. GRUPOS:
 
1º: EUME, PORTUARIOS, ORTIGUEIRA, MEIRÁS, PERLÍO, ÁNIMAS, R.S. PEDRO, MANIÑOS, MIÑO, FREIXO, DEPORTIVO NARÓN "B" e NEDA.
 
: AS PONTES, G. CARANZA "B", NUMANCIA, O VAL, CARIÑO, PORTUARIOS "B", G. MUGARDOS, SAN SADURNIÑO, AMISTADE MEIRAS, DEPORTIVO NARÓN e CEDEIRA.
 
3. Na segunda fase formarase o grupos A con 12 equipos e o grupo B con 11. Ao grupo A irán os 6 primeiros de cada grupo da primeira fase e disputarán o título de liga do grupo, así como as dúas prazas da fase de ascenso á liga galega. 
 
4. Na segunda fase non poderán coincidir no mesmo grupo dous equipos da mesma entidade, de maneira que no caso de clasificarse os dous, só pasará ao grupo A un dos equipos, tendo en conta os seguintes criterios:
 
1) O mellor clasificado.
2) O que máis puntos teña.
3) O que conseguira máis goles a favor.
4) O que encaixara menos goles en contra.
5) O que recibira menos amoestacións (xogo limpo).

5. Para o grupo B (Torneo Delegación) clasificaranse os seguintes clasificados de cada grupo, que disputarán o título de liga do grupo.
 
6. A segunda fase comezará o 29 de novembro e rematará o 8 de maio, xogándose unha xornada o 8 de decembro.
 
7. Os horarios dos partidos serán os sábados pola mañá e pola tarde.

8. COPA: Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo da primeira fase, xogándose as semifinais a un partido o 15 de maio, nunha sé a escoller.

2º clasificado grupo 1 – campión grupo 2º
2º clasificado grupo 2 – campión grupo 1º

A final será o 17 de maio, posiblemente na Gándara (herba natural).
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.