Inicio Noticias Cadetes CADETES. PRESENTACIÓN DO ADESTRADOR
 
 

CADETES. PRESENTACIÓN DO ADESTRADOR

ÁLEX GONZÁLEZ, DIRIXIRÁ O NUMANCIA DE CADETES NA TEMPORADA 2015-16


Coa presenza de 19 xogadores dos 21 que formarán os cadetes na vindeira temporada, Álex González foi presentado coma novo adestrador, substituíndo a Dani Iglesias.


Ares, 2 de xullo de 2015

Dani grazas por todos este anos.

Neste circo do fútbol hai ocasións nas que nos vemos empurrados a tomar decisións ingratas, executar accións que sabemos que causan dano e amargor. Mais tamén sabemos que estamos ocupando uns cargos que entrañan a toma de decisións, para ben ou para mal, e que resulta imposible satisfacer a todos. Vén isto a conto de explicar a substitución no posto de adestrador dun rapaz que levaba seis anos dirixindo os cadetes, Dani Iglesias, numantino de pro, quen sente máis que ninguén as cores do club. Dani cumpriu un ciclo ofrecendo todo o seu coñecemento a varias promocións de rapaces e entendiamos que chegara o momento de presentarlle un novo reto, de cambiar a rutina destes últimos anos pero non puidemos chegar a un acordo, non houbo o entendemento necesario e desexado e Dani non estará nesta vindeira temporada. Desde o club só podemos agradecerlle a súa dedicación e entrega e desexarlle os mellores éxitos, ademais de lembrarlle que sempre terá as portas do club abertas. Grazas, Dani, por todos estes anos.


E como o fútbol é o día a día, e temos que seguir funcionando, chega un nova etapa para a categoría cadete, na que se incorporan procedentes de infantís uns 11 nenos que conformarán un plantel liderado por Álex González, adestrador que a temporada anterior levaba os nosos xuvenís. No acto de presentación, a introdución da directiva centrouse en transmitirlles aos nenos certos valores fundamentais, coma poden ser o civismo, a boa educación, o saber estar, e a relación que existe co fútbol.

Alex González. novo adestrador cadetes temporada 2015-16

Díxoselles que para ser futbolista primeiro hai que ser deportista e ser deportista non consiste en darlle patadas ao balón tres días á semana. Ser deportista é un modelo de vida, un conxunto de hábitos saudables, de respecto a unha institución, de solidariedade cos compañeiros, ... Incidiuse na importancia de respectar a entidade e, por tanto, de representala coa maior dignidade, non dando pé a situacións nos que puidese quedar manchada. En definitiva, que, antes ca futbolista, hai que ser persoa.


Pola súa parte, Álex pediu puntualidade e entrega nos adestramentos, recordando que o compromiso vén marcado pola intensidade que se empregue nas sesións de preparación. Á espera do calendario, tamén informou que durante a pretemporada se adestrará tres días á semana.


 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.