CADETES: FASE PREVIA COPA A.F.A.C.O. 2015

REMATA A TEMPORADA PARA OS CADETES

O pasado venres disputabase no campo de O Pote a fase previa clasificatoria da Copa AFACO no grupo 4º. G. de Mugardos, Maniños e Numancia enfrontabanse nun triangular do que o gañador obtería a praza que daba o pase as semifinais.

 


Maniños, 22 de maio de 2015

GALICIA DE MUGARDOS, 0 – NUMANCIA, 0.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Raul, Adrián, Pablo Ferro, Fran, Alex Saavedra, Dani, Alex Feal (Antón), Luis e Pablo Cavezza.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.
Numancia de Ares. Cadetes.
COMENTARIO: Partido sen moita historia onde os aresáns foron moi superiores ao seu rival, controlando totalmente durante os 40 minutos o tempo do partido. Pero goles son amores, e os aresáns non conseguiron marcar ningún gol, a pesar de ter claras ocasións para elo. O Mugardos tivo moi poucas ou case ningunha ocasión de gol.

A pesar do inxusto empate, chegouse a lotaría dos penaltis, onde o Galicia estivo mais acertado e gañou, por 6 – 5.

MANIÑOS, 2 – NUMANCIA, 0.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Álvaro, Carlos (Pablo Cavezza), Raul, Adrián, Javi , Dani (Alex Feal), Fran, Ivan, Cristián, Luis (Alex Saavedra) e Anton.

GOLES:

0 – 1: (min. 5) – Boa xogada individual do interior dereito do Maniños, quen se vai por velocidade de Carlos e Raul, chegando á liña de fondo, da o pase da morte e marca o dianteiro dentro da área pequena sen oposición.

0 – 2: (min. 31) – Mal entendemento entre Adrián e Álvaro, e o dianteiro do Maniños, moi atento marca ante a indecisión dos aresáns.

COMENTARIO: Mal partido dos aresáns onde os locais foron superiores e gañaron merecidamente. Os aresáns non crearon ningún perigo e o Maniños aproveitouse de dous fallos defensivos para gañar o partido.

MANIÑOS, 1 – GALICIA DE MUGARDOS, 0.

COMENTARIO: Partido moi igualado onde decidiu un golazo dos locais dende o centro do campo.

CLASIFICACIÓN FINAL:

CULTURAL MANIÑOS: 6 puntos.

GALICIA DE MUGARDOS: 3 puntos

NUMANCIA: 0 puntos.

Noráboa e moita sorte ao Maniños, que é o equipo do grupo 4º que pasa as semifinais da copa A.F.A.C.O.

Os do Pote xogarán as semifinais contra o San Sadurniño, campión do grupo 1º. O partido de ida esta fixado para o 30 de maio no campo do Pote. E a volta para o mércores 3 de xuño nas instalación da Piscina.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.