Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 – O VAL, 2
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 – O VAL, 2

ALEX SAAVEDRA: DESPEDIDA CON VITORIA

Vixésima-segunda e última xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 celebrado o pasado sábado en Prados Vellos e que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria dos locais por 2 - 0.

 


Trás o remate da liga, os aresáns quedaron situados nunha mais que meritoria sétima posición con 24 puntos (7 vitorias, 3 empates e 10 derrotas).

En xeral, boa temporada realizada polos cadetes, a pesar dos poucos efectivos dende o comezo da mesma, con tan só 12/13 xogadores . Tamén temos que agradecer aos infantís, que semana trás semana, estiveron xogando con nós durante toda esta temporada.

Noráboa rapaces !!!!!!.

Ares, 09 de maio de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Javi (Manu), Raul, Pablo Ferro (C) , Fran, Pablo Cavezza, Luis, Alex Saavedra, Antón e Alex Feal.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

O VAL: Roberto, Joel, Juan, Matías (C), Bruno, Marcos (Daniel), Adam, Hector (Aarón), Jorge (Imanol - Lucas), Gonzalo e Pablo (Ismael).

Adestrador: Juan Permuy Barbero.

Delegado: Manuel Armada Oca.

COLEXIADO: Diego Bouza Pena. Amoestou a Roberto do Val e a Pablo Ferro, Alex Feal e expulsou por dobre amoestación a Álvaro do Numancia.

GOLES :

1 – 0: Carlos (min. 19) – Bo balón botado por Alex Saavedra as costas dos defensas e Carlos marca ante a saída do porteiro visitante.

2 – 0: P. Cavezza (min. 25) – Fallo no golpeo do balón do porteiro visitante que recolle Cavezza quen marca de vaselina dende fora da área.

3 – 0:  P. Ferro (min. 55) – Saque de falta directa de Antón en banda esquerda e Pablo Ferro moi atento remata de cabeza e bate ao porteiro do Val.

3 – 1:  Adam (min. 57) – Regalo defensivo dos aresáns e Adam moi atento bate a Álvaro.

3 – 2: Gonzalo (min. 65) – Boa xogada combinativa dos visitantes e Gonzalo marca a pracer ante a saída de Álvaro.

COMENTARIOS  DE  ALEX SAAVEDRA:    
ALEX Saavedra dianteiro cadete do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO. Cal foi a mellor xogada do partido?. Cóntaa

Foi o primeiro gol do Numancia, onde lle din un gran pase a Carlos para que marcara gol.

CLAVE. Houbo algunha circunstancia ou acción que influíra directamente no resultado final? Explícaa.

Non, non houbo nada que reseñar no partido.

ACTUACIÓN PERSOAL. Estás satisfeito coa túa actuación neste partido? Comenta os aspectos positivos e aqueles nos que podes mellorar.

Non, hoxe non estou satisfeito coa miña actuación.

Eu creo que o meu aspecto máis positivo é o control do balón e o desmarque. O peor é que teño que mellorar no aspecto físico.

O EQUIPO. Analiza o xogo do teu equipo, indicando o que fixo ben e os erros que se cometeron.

Hoxe xogamos ben, sobre todo, na primeira metade, onde fallamos moitas ocasións de gol. Quizais na segunda parte non xogamos tan ben e faltounos un pouco de fondo físico.

O RIVAL. Que destacarías do equipo contrario? Algún xogador? O xogo en equipo? A defensa? A dianteira? …

Do Val destacaría que teñen un equipo moi novo con rapaces de primeiro ano. Gustoume moito o seu porteiro.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.