CADETES. NUMANCIA, 2 - NARÓN, 3

ANTÓN: FIXEMOS UNHA BOA PRIMEIRA PARTE

Décimoseptima xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No. 3 que finalizou con derrota dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria do Numancia por 2 - 1.

 

Prados Vellos, 28 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Jaime (Cristián), Javi, Raúl, Carlos (Mario), Fran, Pablo Cavezza, Pablo Vascos (Dani), Antón, Luis e Pablo Ferro (C).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

NARÓN: Aarón (Pablo), Roberto (C), Samuel, Luis, Mario, José A. Rodríguez (Diego), Cristián, Borja, José A. Bouza (Alejandro), David (Xabier) e Rodrigo (Ruben).

Adestrador: Alejandro Paadin Feal.

Delegado: Marino Rodríguez Calderón.

COLEXIADO: Marcos Padín Pita. Amoestou a David, Diego e Rubén do Narón.

GOLES:

1 – 0: Pablo Cavezza (min. 5) – Gran pase de Fran ás costas da defensa e P.Cavezza marca ante a saída do porteiro visitante.

2 – 0: Pablo Vascos (min. 14) – Boa xogada combinativa dos locais, con pase de P. Cavezza a Pablo Vascos quen marca cunha bonita vaselina.

2 – 1: Samuel (min. 17) – Gran xogada individual de Samuel, quen marca un golazo cun disparo  que entra pola escadra.

2 – 2: Cristián (min. 67) – Contragolpe dos visitantes, disparo do dianteiro, rexeita Álvaro, pero Cristián moi atento marca a pracer.

2 – 3: Alejandro (min. 75) – Xogada individual de Cristián por banda esquerda, quen regatea ata tres defensores locais, da o pase da morte e Alejandro, marca sen oposición no segundo pau.

COMENTARIOS  DE  ANTÓN......
ANTON dianteiro cadete do Numancia de Ares
A XOGADA DO PARTIDO. Foi a boa xogada combinativa que fixemos no segundo gol, onde Pablo Vascos marca un bonito gol de vaselina.

CLAVE. Eu creo que o árbitro enganouse concedendo o segundo gol ao Narón, xa que lle fixeron falta previa a Álvaro.

ACTUACIÓN PERSOAL. Hoxe non estou satisfeito coa miña actuación. Eu creo que o meu aspecto máis positivo é a técnica e o control do balón, e o peor é que teño que axudar mais en defensa aos meus compañeiros.

O EQUIPO. Hoxe xogamos ben no primeiro tempo, sobre todo, nos primeiros 15 minutos, creando ocasións de gol e defendendo bastante ben. A segunda parte foi totalmente dominada polo Narón e nosoutros non soubemos amarrar o partido, para rematar por perdelo nos últimos minutos do encontro.

O RIVAL. Do Narón destacaría que teñen un bo bloque coma equipo, sobre todo en ataque.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.