CADETES. MEIRÁS, 2 – NUMANCIA, 2.

ÁLVARO: FALLAMOS MOITAS OCASIÓNS DE GOL.

Décimosexta xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou con empate a dous goles. Ao descanso chegouse con empate a 1 - 1.

 


Misael Prieto (Meirás), 21 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA:

MEIRÁS: Borja, Jorge, Miguel, Iago, Carlos, Pablo, Oscar (Adrián), Raúl (C), Aarón (Javier), Álvaro e Alberto (Sergio).

Delegado: Jorge Andrés Lopez Piñón.

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Raúl (C), Javi, P. Cavezza, (Jaime), Fran, Cristián Guijarro (Cristián Dominguez), Pablo Vascos, Antón, Dani (Ivan) e Luis.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz. Sen incidencias.

GOLES:

0 – 1: Pablo Vascos (min. 2) – Falta botada por Antón por banda esquerda e tras varios rexeites, Pablo Vascos marca cun disparo dentro da área pequena.

1 – 1: Aarón (min. 5) – Balón recuperado no centro do campo, pase a Aarón, quen regatea a P. Cavezza e marca cun disparo dende a frontal da área.

2 – 1: Adrián (min. 54) – Córner por banda esquerda, despexa Cristián de cabeza e Adrián cunha gran bolea marca dende fora da área.

2 – 2: Fran (min. 60) – Boa xogada combinativa entre Iván e Fran, quen marca ante a saída do porteiro local.

Comentarios de ÁLVARO, porteiro do Numancia.....
ALVARO porteiro cadete do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO. Foi un gran pase de Fran a Luis por banda esquerda quen cun gran zurdazo dende 30 mtrs manda o balón ao longueiro da portería local.

CLAVE DO PARTIDO. O árbitro non estivo moi acertado, pitounos dos ou tres foras do xogo que non foron, cando encarabamos a portería do Meirás.

ACTUACIÓN PERSOAL. Hoxe estou satisfeito coa miña actuación. Eu creo que o meu aspecto máis positivo foron ás saídas da portaría e o peor que teño é que debo falarlles mais ós meus compañeiros.

O EQUIPO. Hoxe xogamos ben e levamos o dominio do xogo. Notouse moito o centro do campo, onde P. Vascos, Dani e Fran tiveron o control do balón. Magoa das claras ocasións de gol que fallamos. O peor, foi na defensa, na que cometemos dous erros que nos custaron dous goles.


O RIVAL. Do Meirás non destacaría nada en particular, so me gustou o seu porteiro, quen fixo unha gran actuación.

O próximo fin de semana os cadetes do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Narón Balompe Piñeiros.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.